• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
O SALNÉS> A maior catástrofe medioambiental do noso país queda sen culpables once anos despois. A Audiencia da Coruña ven de absolver ás tres persoas que sentaban no banquiño dos acusados como responsables penais da catástrofe do Préstige; só o capitán do buque Apóstolos Mangouras, foi condenado a nove meses de prisión por un delicto de desobediencia grave ás Autoridades Españolas cando se quería comezar a remolcar o buque.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANTIAGO> A conselleira de Economía e Facenda, Elena Muñoz, compareceu na Comisión 3ª de Economía do Parlamento para explicar o deseño dos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, unhas contas que segundo ela, sentan as bases do ‘crecemento solidario’, mentres que para a oposición non son máis que uns orzamentos restritivos e que deixan unha débeda ‘disparada’ e que ‘hipoteca’ a Galicia.
Publicado en GALICIA
SANTIAGO> O debate sobre o estado da autonomía concluíu hoxe coa votación das duascentas iniciativas presentadas polos grupos parlamentarios. Só dúas foron aprobadas pola totalidade dos deputados da cámara, unha proposta do BNG sobre as preferentes e outra sobre os problemas da flota pesqueira en Mauritania. Partido socialista e Popular non lograron poñerse de acordo en ningunha das iniciativas nunha sesión final marcada polas críticas da oposición ás políticas da Xunta, as que cualificaron como criminais e inxustas.
Publicado en GALICIA
SANTIAGO> Esta foi a medida estrela que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, gardaba para o primeiro debate sobre o estado da autonomía desta lexislatura. Feijoo esbozou tamén un futuro prometedor para Galicia, alegando que a situación económica é mellor que hai un ano, fronte o asombro dos grupos da oposición, para os que o presidente galego, din, vive noutra Galicia distinta á real.
Publicado en GALICIA
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, presentaba xunto co presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde, a campaña de promoción “Busca a orixe. Atopa calidade” coa que se pretende promocionar o consumo deste produto en fresco certificado coa Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia en establecementos de toda España. No acto tamén tomaron parte o presidente deste última entidade, Francisco Alcalde, e o Secretario Xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro, así como representantes das cadeas de distribución alimentaria adheridos a esta campaña Vegalsa-Eroski, El Corte Inglés, Gadis e Froiz.
A suba nos prezos da cesta da compra fai que moitos consumidores comparen entre varios establecementos antes de mercar. Segundo un estudo da OCU, Galicia é a segunda comunidade máis barata e os supermercados de orixe galega, Gadis e Froiz, figuran entre os establecementos máis económicos.
Mércores, 25 Setembro 2013 16:59

Feijoo: ‘Galicia non arde. Quéimana’

Os incendios son un problema de orde pública, e non de falta de políticas forestais. Este é o argumento que defendeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, durante a sesión de control ó goberno celebrada no Parlamento. Mentres a acusación insistíu en culpar ó PP de contribuír ‘ó negocio do lume’, Alberto Núñez Feijoo cargou contra os incendiarios como únicos responsables. Contra eles e contra os propietarios incumpren a Ley de Montes ó non manter limpas as súas parcelas.
Publicado en GALICIA
Durante as duras negociacións do plan de explotación do polbo entre sector e administración que mesmo mantiveron paralizada a volta ó traballo tralo remate da veda, a Consellería comprometeuse a revisar algúns puntos a solicitude dos profesionais. Un deses puntos é o incremento do número de nasas permitidas xa que na actualidade o máximo permitido está en 550 por embarcación.
CAMBADOS> A innovación, o mundo das ideas, a investigación. Cara isto deben encamiñarse a partir de agora os proxectos de cooperación territorial ...
Publicado en PONTEVEDRA
Páxina 15 de 15

Final Copa Diputación

HomeMostrando artigos por etiqueta: Galicia Top of Page

Síguenos en facebook