09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
GALICIA> O Consello Galego de Pesca creará tres comisións de traballo para analizar distintos asuntos de interese para o sector. Unha terá como eixo central a pesca artesanal mentres que as outras dúas estudarán os regulamentos europeos de control e da pesca en augas profundas.
SANTIAGO> A lei de acuicultura segue a ser motivo de debate no Parlamento. A Conselleira do Mar contestaba este mediodía a unha interpelación formulada por Alternativa Galega de Esquerdas. Rosa Quintana reiterou a dispoñibilidade do seu departamento para introducir na lei tódolos cambios consensuados co sector.
Publicado en portada
Publicado en portada
GALICIA> A Xunta de Galicia paralizará temporalmente a tramitación da Lei de Acuicultura ante o rexeitamento maioritario do sector. O anuncio, realizado esta mañá polo presidente da Xunta, seguen sen convencer ós traballadores do mar que esixen a retirada do anteproxecto.
GALICIA> O Tribunal Supremo recoñece a existencia de delito medioambiental no Caso Prestige. Esta resolución, a raíz dos recursos presentados contra a sentenza inicial, obriga á armadora e á empresa aseguradora ó pago de indemnizacións.
Dende hoxe día 20 e ata o 24 de xaneiro o recinto feiral madrileño acolle FITUR, a Feira Internacional de Turismo e evento líder no sector despois da ITB de Berlín. Para contarnos ao detalle todo o que acontece no espazo expositivo de Galicia Canal Rías Baixas desprazouse a Madrid. 
Publicado en CANALRIASBAIXAS
Publicado en portada
GALICIA> Principio de entendemento no seo do cerco galego para que os barcos sen cota conten cun mínimo de capturas. Esta proposta foi abordada na xuntanza mantida polos representantes da flota esta mañá en Santiago. Tras plantexala nas diferentes asembleas volveranse reunir a próxima semana para tomar unha decisión.
Publicado en portada
GALICIA> Satisfacción moderada no goberno autonómico tralo acordo acadado a pasada madrugada en Bruxelas para o reparto de cotas entre a flota comunitaria. A suba do xurelo no Cantábrico Noroeste nun vinte e sete por cento constitúe a mellor nova para Galicia. Destaca tamén o mantemento da raia e do gallo. E a pescada ibérica reducirase finalmente nun vinte e dous por cento, fronte ó sesenta proposto inicialmente pola Comisión Europea.
GALICIA> Dende o sábado, o Grupo Autocares Benito Abalo conta con catro vehículos máis na súa flota. Trátase do modelo Lion’s Regio, de Man Truck and Bus.
Publicado en GALICIA
HomeMostrando artigos por etiqueta: Galicia Top of Page

Síguenos en facebook