09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
PARÍS> O Salón Náutico de París despediuse por este ano. Unha das citas máis importantes da náutica despediuse onte, despois dunha fin de semana dedicada a coñecer as novidades deste mundo. Dende Portos de Galicia non quixeron perderse este escaparate. Por iso, dende o Stand de Turismo de Galicia presentaron un novo modelo de cruceiro costeiro entre os portos galegos, en colaboración coa Asociación Galega de Actividades Náuticas.
Publicado en GALICIA
GALICIA> O Consello Europeo de Pesca debate esta semana o reparto de cotas pesqueiras entre os estados membros.
GALICIA> A Consellería do Mar traballa para conseguir un incremento das cotas pesqueiras outorgadas a España pola Unión Europea.
Publicado en portada
GALICIA> Hoxe confirmáronse as previsións. Outubro deixou malas novas no mercado laboral, arrastrado pola fin da temporada estival e a redución de traballadores no sector servizos. O Salnés e Barbanza deixan 772 e 214 desempregados máis que en setembro. Todos os concellos e todos os sectores destruíron emprego.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, clausurada esta tarde en Vigo, volveu poñer de relevancia o peso estratéxico da comunidade no sector. Conxemar reuniu, nesta decimosétima edición, a máis de cincocentos expositores de corenta países.
PORTO DO SON> A Federación Galega de confrarías solicitou á Secretaría Xeral de Pesca un adianto da cota de rape do último trimestre do ano. Agardan así poder volver a capturar a especie ó longo da segunda quincena de setembro, tras esgotar o TAC do actual trimestre.
Publicado en portada
GALICIA> Xa coñecemos os datos do paro do mes de agosto; cifras que deixan un sabor agridoce. Galicia foi a comunidade na que máis baixou o número de desempregados, con máis de 2.600 menos. Pola contra, en España este dato aumentou en máis de 21.600 persoas, rompendo a tendencia de seis meses de descensos e deixando o total en 4 millóns 67 mil parados.  Unha vez máis, na nosa autonomía a hostalería e o turismo seguen estando detrás das boas novas.
Publicado en GALICIA
Publicado en portada
GALICIA> Xullo volve deixar boas novas para o mercado laboral. O paro reduciuse o mes pasado tanto no Salnés como no Barbanza, deixando o número de demandantes en 8500 e 6200 respectivamente. Iso si, o sector servizos volve ser o que tira do emprego en todos os concellos, sobre todo nos máis turísticos. Por municipios, Pontevedra, Sanxenxo e Ribeira encabezan o descenso.
Publicado en GALICIA
A CORUÑA> A sede da Deputación da Coruña acolleu esta mañá a reunión constitutiva da Xunta de Goberno que estará presidida por Valentín González Formoso, e que serviu para analizar e pór en común a situación actual da institución provincial e coordinar as primeiras iniciativas do novo goberno. A dita Xunta estará formada por un total de 11 deputados e deputadas provinciais, 6 de PSdeG-PSOE e 5 do BNG, e reunirase dúas veces ao mes. Ademáis do presidente e a vicepresidenta da Deputación, integran este órgano os deputados do PSdeG-PSOE Julio Sacristán, José Manuel Pequeño, José García Liñares, José Luis García e Antonio Leira e os deputados/as do BNG Xosé Regueira, Ánxela Franco, Manuel Muiño, e Xesús Manuel Soto. O presidente e a vicepresidenta da institución provincial aproveitaron tamén a mañá para visitar os distintos departamentos de Alférez Provisional para presentarse, saudar ós funcionarios e recoller as súas principais demandas.
Publicado en GALICIA
HomeMostrando artigos por etiqueta: Galicia Top of Page

Síguenos en facebook