• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
GALICIA> Queda algo máis dunha semana para que se peche o prazo de presentación de candidatos ó IV Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal - Fundación La Rosaleda. Como en anos anteriores, o Premio está dotado con 15.000 euros, unha cantidade que permitirá ó gañador continuar cos seus traballos de investigación sobre esta enfermidade, tal e como fixeron en anos anteriores os reputados oncólogos e investigadores internacionais Mariano Barbacid, José Baselga ou López Otín. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o día 27 deste mes de febreiro. O dito premio poderán presentarse profesionais que desenvolvan a súa actividade en centros de investigación ou sanitarios, públicos ou privados, de calquera parte do mundo. O fallo do xurado darase a coñecer a partir do próximo 23 de marzo, para posteriormente proceder á celebración do acto de entrega do galardón ó gañador. As bases completas do Premio están dispoñibles na páxina web da Fundación(www.fundacionlarosaleda.org).
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Enquisa de Poboación Activa do cuarto trimestre de 2014 non deixa boas novas para Galicia. A nosa comunidade perdeu 2.200 ocupados nun ano pero, a pesares de non crear emprego conseguiu reducir o paro en 17 mil persoas. Algo que só se explica co descenso da poboación activa en Galicia: 19.200 persoas abandonaron o mercado laboral galego no último exercicio.
Publicado en GALICIA
SANTIAGO> A superficie arborada en Galicia medrou en Galicia en 400.000 hectáreas nos últimos vinte anos. Este titular da Consellería do Medio Rural e do Mar despréndese das súas declaración feitas hoxe na Conferencia Ministerial sobre protección dos Montes de Europa.
Publicado en GALICIA
Luns, 05 Xaneiro 2015 18:10

Sobe o paro en Decembro en toda Galicia

Publicado en portada
Luns, 05 Xaneiro 2015 17:44

Sobe o paro en Decembro en toda Galicia

O SALNÉS> O pasado mes de decembro subiu o paro en Galicia en case 3.300 persoas. Este é pois un mal dato para rematar un 2014 no que, en termos globais, o paro descendeu na nosa comunidade en menos 19.000 persoas.
Publicado en GALICIA
A CORUÑA> O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, informaron esta mañá sobre as liñas básicas do convenio asinado recentemente entre ambas administracións. O acordo está baseado en tres eixos fundamentais, que pasan pola promoción do Camiño Inglés, a Rota do Medievo de San Andrés de Teixido, e o Turismo Industrial. A Xunta e a institución provincial investirán uns 97 mil euros na mellora integral e a sinalización da Ruta do Medievo, da que ademais editaranse dez mil folletos informativos. A través do acordo entre as dúas administracións instalaranse ata 54 puntos de código QR ao longo de todo o Camiño Inglés Cun investimento de máis de 55 mil euros, a Deputación mantén tamén a súa aposta polo Turismo Industrial e financiará un estudo para a creación de novas rutas e a formación de empresas susceptibles de participar nelas.
Publicado en GALICIA
GALICIA> Chega o Nadal e con el as grandes comidas en familia nas que non queremos que nos falten ningún detalle. E para darlles ós nosos o mellor nestas festas non hai nada mellor que os produtos da nosa terra, certificados por marchamos de calidade a nivel europeo. 
Publicado en GALICIA
Venres, 05 Decembro 2014 16:28

Galicia e Francia unidos pola náutica

O GROVE> O Club Náutico de San Vicente abriu a porta e agora Portos de Galicia asinará co porto francés da Rochelle unha alianza para o desenvolvemento de regatas internacionais e o impulso da formación dos profesionais galegos que traballan nos portos deportivos. O acordo servirá tamén ó concello do Grove para aproveitar fluxos turísticos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
GALICIA> O rianxeiro Francisco Alcalde seguirá á fronte do Consello Regulador do Mexillón. A súa foi a única candidatura presentada para presidir o órgano que regula a denominación de orixe protexida do bivalvo. Os socios apoiárona por ampla maioría así como as candidaturas do resto dos vocais do consello ó presentarse tan só unha por cada cargo.
Publicado en GALICIA
GALICIA> O sector marítimo pesqueiro galego representa a metade do emprego deste sector en toda España. O alto número de profesionais que dependen da actividade e as cifras de facturación sitúan á comunidade como líder europea en materia de pesca.
Publicado en GALICIA
GALICIA> Portos de Galicia continúa a impulsar o asesoramento especializado ás entidades xestoras de infraestruturas náuticas para a obtención do distintivo Bandeira Azul. Con este obxectivo, o ente público que preside José Juan Durán, organizou unha reunión entre os clubes náuticos que xestionan portos deportivos autonómicos o os técnicos de Portos de Galicia e a Asociación de Educación Ambiental e Consumidores (ADEAC), entidade que outorga estes distintivos.
Publicado en GALICIA
GALICIA> Tomás Fajardo, patrón maior de Porto do Son, tomou posesión como novo presidente da Federación Galega de Confrarías. A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, ofreceu diálogo permanente e traballo conxunto na procura de solucións aos problemas e retos que afronta o sector marítimo-pesqueiro.
Publicado en GALICIA
HomeMostrando artigos por etiqueta: Galicia Top of Page

Síguenos en facebook