09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
GALICIA> O Ministerio de Agricultura vén de modificar os requisitos ós cerqueiros para que poidan acceder ás axudas por amarre temporal, a raíz do peche da pesquería da sardiña no Cantábrico Noroeste e no golfo de Cádiz. Se antes, para poder acceder a estas axudas había que acreditar que un 25% das descargas realizadas, ou no seu caso o valor das mesmas, entre os anos 2002 e 2014 eran de sardiña, no novo texto rebaixouse ó 20% esa porcentaxe.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Unión Europea vén de asinar a renovación do acordo pesqueiro con Guinea Bisáu, suspendido dende xuño de 2012 tras o golpe de Estado nese país africano. O convenio beneficiará a un total de 16 barcos cefalopodeiros galegos, que xa poderán comezar a traballar o próximo mes de novembro. A nova foi moi ben acollida polo sector, xa que de confirmarse ese número habería cabida para a totalidade dos buques que quedaran despois da expulsión de Mauritania, hai agora máis de dous anos. Bruselas desenvolsará ó redor de 9,2 millóns de euros ó ano por este acordo, que terá unha vixencia de tres anos.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración de Fundetec, convoca o 'Primeiro Concurso 'Faite Dixit@l!' de Aplicacións para Móbil'. O certame, que se enmarca dentro da iniciativa de capacitación tecnolóxica Faite Dixit@l, busca recoñecer a creatividade na elaboración de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e fomentar o uso da tecnoloxía de código aberto.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Consellería do Medio Rural e do Mar aprobou desde 2010 máis de 500 proxectos dos Grupos de Acción Costeira por un importe de máis de 28 millóns de euros.
Publicado en GALICIA
GALICIA> O PSdeG-PSOE vén de denunciar a supresión dun total de 900 prazas docentes en toda a provincia da Coruña nos últimos catro anos. A través dun estudio pormenorizado no que se detallan os recortes efectuados na plantilla de cada centro educativo da provincia, concello a concello, os socialistas lamentan este recorte brutal de docentes., especialmente máis significativo nas comarcas rurais. No que atinxe á comarca do Barbanza o PSOE cifra en 151 o número de profesores menos dende o 2010. Os socialistas denuncian ademais que durante este tempo duplicouse o número de profesores interinos.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Cidade da Cultura de Galicia acollerá a cuarta edición das Xornadas de Informática Xudicial, organizadas un ano máis polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Publicado en GALICIA
VIGO> A ministra de Acuicultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, foi a encargada de inaugurar esta mañá a feira de produtos do mar conxelados.
Publicado en GALICIA
GALICIA> Turismo de Galicia foi premiado cun dos galardóns dos Top-10 de Turismo e Cultura concedidos pola Asociación do Grupo de Xestión de Medios Culturais e Turísticos.
Publicado en GALICIA
PADRÓN> A Xunta de Galicia inicia os traballos de demolición dunha estrutura dun edificio de 74 vivendas no lugar de Pedreira, en Padrón.
Publicado en GALICIA
Publicado en portada
GALICIA> A consellería do Medio Rural e do Mar recibiu medio millar de solicitudes para paliar os estragos da marea vermella. A entidade estuda ampliar a partida orzamentaria destinada a cubrir as perdas do sector mexilloeiro, que xa se situaba no 1'5 millón de euros.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A polémica xurdida a raíz da reapertura da pesqueira da anchoa na zona 8c do Cantábrico, reuniu á comisión sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca na Consellería do Mar. Nesta xuntanza acordouse apoiar a decisión do Ministerio, porque o recurso existente garante cota suficiente para o 2015. Así mesmo, reclaman a apertura da zona 9a, que vai desde Fisterra ó golfo de Cádiz. Tralas críticas recibidas por vascos e cántabros, os integrantes da Comisión fan un chamamento ó bo entendemento entre as distintas flotas. Lembran os armadores galegos que na maioría dos casos son eles os que se desprazan para faenar e que ninguén lles priva agora, a cántabros e vascos, a exercer a pesca en augas do oeste do Cantábrico.
Publicado en GALICIA
HomeMostrando artigos por etiqueta: Galicia Top of Page

Síguenos en facebook