• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Venres, 22 Agosto 2014 17:07

Novo golpe ó sector mexilloeiro

GALICIA> Unha partida de mexillóns extraídos nas costas galegas intoxicou, presuntamente, a 60 persoas no país galo.
Publicado en portada
GALICIA> Unha decena de franceses intoxicáronse, presuntamente, con mexillón galego. A titular de Mar defende os controis de calidade do Intecmar.
Publicado en GALICIA
Venres, 22 Agosto 2014 16:29

Novo golpe ó sector mexilloeiro

GALICIA> Unha partida de mexillóns extraídos nas costas galegas intoxicou, presuntamente, a 60 persoas no país galo.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A conselleira do Medio Rural e do Mar contestou ás criticas realizadas polo deputado nacionalista, Daniel Rodas, ó plan da sardiña aprobado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Rosa Quintana aclarou que o Goberno Central aprobou o actual plan de xestión, como medida urxente, para que a Unión Europea non impoña un Total Admisible de Capturas con carácter inmediato. Así mesmo, adiantou que se continuará traballando no plan de xestión da sardiña elaborado pola administración autonómica e polo sector do cerco de Galicia, aínda que deberá ser consensuado co resto das comunidades autónomas. A titular de Medio Rural e Mar eloxiou a responsabilidade do sector á hora de elaborar un plan de explotación responsable, pero apunta que esta especie ten un ciclo estacional, é dicir, que escasee a sardiña non quere dicir que o recurso se estea esgotando.
Publicado en GALICIA
GALICIA> O Bloque Nacionalista Galego solicitoulle a Alberto Núñez Feijoo a destitución da conselleira de Mar por ignorar a situación da sardiña. Daniel Rodas acusa a Rosa Quintana de estar máis pendente das festas gastronómicas que de solucionar a situación que atravesa a flota do cerco.
Publicado en GALICIA
GALICIA> Hoxe cúmprese un ano do accidente ferroviario de Santiago de Compostela que truncou 79 vidas e deixou rotas a outras tantas familias. <hr id="system-readmore" /> Santiago preparábase para celebrar o día grande das festas do Apóstolo, cando un Alvia procedente de Madrid descarrilaba na curva da Grandeira deixando tras de si a 79 falecidos e a máis dun centenar de feridos. Hoxe cúmprese un ano destas impactantes imaxes que deixaron a medio mundo consternado e a súa investigación aínda continúa en punto morto para desesperación dos afectados. O exceso de velocidade sumado á distracción do maquinista tras contestar unha chamada telefónica foron as primeiras causas apuntadas, non obstante pronto se atoparon deficiencias nos sistemas de seguridade das vías e foron imputados once cargos da excúpula de ADIF ós que se lle acusa un delito contra a seguridade colectiva e de ser partícipes en homicidios e lesións. Nestes intres, a Audiencia Provincial de A Coruña debe resolver os recursos contra as imputacións destes altos cargos. De ser exonerados, o maquinista quedaría novamente como único imputado. Precisamente hoxe saíu a luz na Voz de Galicia, unha carta de Francisco José Garzón, o condutor do tren sinistrado, na cal pide perdón ás vítimas e ás súas familias despois de 12 meses nos cales estivo alonxado da vida pública. Nas mesmas liñas afirma sentirse roto polas consecuencias deste fatídico accidente.
Publicado en GALICIA
ACORUÑA> Continúa potenciando a imaxe do patrimonio laboral e tecnolóxico que representa ós nosos municipios. Proba de elo, foi o V Congreso, deste turismo alternativo, que se desenvolveu na cidade de Ferrol e foi organizado conxuntamente polo concello e a entidade provincial.
Publicado en GALICIA
GALICIA> Máis de 40 empresas se reuniron para despedir o evento. Empresas, institucións públicas e profesionais autónomos déronse cita hoxe nunha xornada profesional coa que se puxo fin ó III Crossroads of Europe e V Congreso Europeo de Turismo Industrial celebrado durante toda a semana na vila ferrolá. O obxectivo deste evento, coordinado desde a Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Deputación de A Coruña coa colaboración de AJE Ferrol e o campus universitario, foi poñer en contacto a representantes de distintas empresas que traballan no segmento do turismo industrial e cultural ca intención de crear sinerxias e favorecer o desenvolvemento de novos proxectos. O 70% das empresas presentes eran galegas, pero tamén houbo participantes do País Vasco, Cataluña, Andalucía, Castilla la Mancha, Murcia ou Portugal. O vicepresidente da Deputación, Antonio Cañás, presidiu a clausura do encontro e destacou o éxito deste congreso. Ademais, animou ás empresas a seguir traballando polo liderazgo de A Coruña como destino líder neste segmento.
Publicado en GALICIA
A CORUÑA> Os máis de medio centenar de alcaldes e técnicos municipais que asistiron esta mañá á presentación da nova cartografía temática dixital elaborada pola Deputación da Coruña gabaron a utilidade desta ferramenta para a xestión e planificación dos seus territorios. Durante o acto, celebrado no Pazo de Mariñán, o presidente provincial, Diego Calvo, solicitou a colaboración de todos os presentes de cara a manter “viva e útil” esta aplicación, xa que, segundo dixo, “a grande virtude do que hoxe presentamos é a súa vixencia e a súa actualización permanente”.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez alertou á mocidade galega sobre os perigos para a saúde provocados polas novas formas de consumo de nicotina, os cigarros electrónicos, pola gran repercusión social que están a ter na actualidade.
Publicado en GALICIA
GALICIA> Os concellos e agrupacións locais xa poden solicitar as axudas que permitirá a contratación temporal de perceptores da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA). Esta convocatoria, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia esta semana, poderá beneficiar a unhas 600 persoas en toda Galicia, grazas a un investimento de 3 millóns de euros por parte da Consellería de Traballo e Benestar.
Publicado en GALICIA
GALICIA> O plan do polbo 2014-2015 incorpora como nova medida de control a identificación das caceas de nasas cun chip que permitirá o control automático da cacea e dos precintos das nasas asociadas por parte do servizo de Gardacostas.
Publicado en GALICIA
HomeMostrando artigos por etiqueta: Galicia Top of Page

Síguenos en facebook