• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
GALICIA> Máis de 600.000 persoas beneficiáronse das actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) en Galicia durante o período 2007-2013.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Xunta pon en marcha unha campaña para resolver as dúbidas dos consumidores ante o novo escenario e o novo recibo eléctrico. Así o indicou a xerente do Instituto Galego de Consumo, María Jesús Muñoz Chesa, quen salientou que, deste xeito, o goberno galego segue a traballar na protección dos dereitos dos consumidores no eido da tarificación eléctrica.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo unha reunión co Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, para estudar posibles vías de colaboración para combater a violencia de xénero.
Publicado en GALICIA
GALICIA> Aumentará ademais as prestacións para servizos de axuda no fogar. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou un novo programa para facilitar a contratación de 600 perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), e por outro lado, o aumento en 1,6 millóns de euros do servizo de axuda no fogar para chegar a 500 dependentes máis. O novo programa de axudas para a RISGA está dotado con 3 millóns de euros e xerará convocatorias especiais co obxectivo de atoparlle traballo, en concellos e agrupacións locais, a 600 persoas perceptoras desta prestación. Estas contratacións durarán entre 7 e 9 meses, serán a tempo parcial e o labor do persoal deberá ser a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social. A orde entrará en vigor a próxima semana. Esta iniciativa enmárcase dentro da Lei de inclusión de Galicia, aprobada o pasado ano. No que respecta á axuda no fogar, Feijóo precisou que se destinarán preto de 40 millóns de euros., o que supón un aumento do 4,24% do orzamento inicialmente previsto para este ano. O líder do Executivo destacou que con esta partida 500 dependentes máis gozarán desta axuda, polo que se prevé que en 2014 se beneficiarán un total de 10.100 galegos dependentes. O incremento do orzamento para este servizo permitirá, tamén, asignar aos concellos e mancomunidades ou agrupacións de concellos, que prestan este servizo, 24.066 horas máis ao mes.
Publicado en GALICIA
GALICIA> O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia entrará en vigor este xoves tras ser aprobado definitivamente polo Consello da Xunta o pasado 30 de abril. O plan ten como obxectivo principal a planificación das actuacións de solo empresarial que se poderán executar en Galicia ata 2024.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 10,3 millóns de euros a axudas para proxectos dos Grupos de Acción Costeira na convocatoria de 2014. O Diario Oficial de Galicia publica este martes a orde pola que se fixa o orzamento destas achegas.
Publicado en GALICIA
GALICIA> O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as axudas e subvencións a entidades sociais para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas oferta 97 prazas para a realización de prácticas de alumnos universitarios galegos en parques naturais e centros de recuperación de fauna dependentes da Xunta.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou esta solicitude en base ós novos informes científicos sobre o stock ddesta especie.
GALICIA> Con motivo do Día Mundial da Diversidade Biolóxica, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas convoca un consurso de fotografía dixital sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Publicado en GALICIA
GALICIA> Navalia, que xa vai pola súa quinta edición, será escaparate das empresas navais de Galicia.
Publicado en GALICIA
GALICIA> A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, participou na presentaciónda guía turística do Eixo Atlántico 'Dous países, un destino', que desenvolve a entidade en colaboración con Turismo de Galicia.
Publicado en GALICIA
HomeMostrando artigos por etiqueta: Galicia Top of Page

Síguenos en facebook