09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
RIANXO> O BNG propón excluír ó xeito das restricións da política de cotas. Así o manifestou a voceira nacional, Ana Pontón, na xuntanza mantida cos responsables da confraría de Rianxo.
BOIRO> A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou o porto de Cabo de Cruz para comprobar o resultado das obras levadas a cabo nos últimos meses e que supuxeron a instalación de 125 novas prazas de amarre para o sector pesqueiro. A actuación contou cun investimento de máis de 700 mil euros.
NOIA> Inauguradas as segundas Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia que nesta edición tiveron como convidado ó cociñeiro Alberto Chicote. Durante toda a fin de semana seguirán a desenvolverse conferencias e actos paralelos que culminarán coa degustación popular prevista para o domingo.
NOIA> Alberto Chicote será o encargado de abrir as Xornadas de Exaltación do Berberecho que arrancan en Noia o próximo xoves. Ademais de visitar os bancos marisqueiros e a lonxa de Testal, o televisivo cociñeiro ofrecerá unha clase maxistral.
NOIA> Os socialistas da comarca mantiveron un encontro en Noia coa deputada parlamentaria, Loli Toja, para analizar os orzamentos da Consellería do Mar. Denuncia o peso da acuicultura en detrimento das políticas de xeraciónde emprego na pesca.
PORTO DO SON> Satisfacción entre a flota galega do cerco que vén de recibir un millón duascentas mil toneladas de cota adicional de xurelo. Estas novas posibilidades de pesca supoñen un respiro para o sector que leva semanas coa pesqueiría da sardiña pechada.
RIBEIRA> Primeira xornada de traballo nas autorizacións marisqueiras de Ribeira. Tal e como auguraban as mostraxes non abunda o marisco. Sen embargo, destaca a boa calidade da ameixa.
RIBEIRA> O polbo esta case ausente das prazas de abastos. O pouco que puidemos atopar roldaba os doce euros, prezos que disuaden á maioría dos compradores. As escasas capturas están detrás deste encarecemento.
SANTIAGO> Cento cincuenta e cinco millóns de euros. Este será o orzamento da Consellería do Mar para o 2018, un nove por cento máis que no exercicio anterior. A Conselleira compareceu esta mañá no Parlamento para explicar as principais liñas inversoras do seu departamento que priorizará a mellora da competitividade do sector pesqueiro.
Páxina 1 de 23
HomeMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook