• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
PORTO DO SON> Portos de Galicia estudará a limitación dos accesos ó espazo portuario de Porto do Son. Así o acordaron na xuntanza desenvolvida na confraría sonense tras consensualo co propio concello. O presidente de Portos tivo ocasión tamén de comprobar o resultados dos traballos da mellora do abrigo do porto deportivo e supervisar as accións que se están a levar a cabo para a voadura dunha zona rochosa que dificulta a navegación.
BARBANZA> A Comisión Europea propón un importante incremento para as posibilidades de pesca do xurelo. O TAC desta especie aumenta nun vinte e sete por cento na Oitava C e en máis dun quince por cento na novena A.
RIBEIRA> A Conselleira do Mar visitou o cocedoiro de mexillón Barrañamar, situado no polígono de Couso, en Ribeira. Alí, Rosa Quintana destacou á comarca do Barbanza coma unha das zonas de maior produción de mexillón de toda Galicia, supoñendo o 25% das descargas que se producen en toda a comunidade.
BARBANZA> A máis que posible modificación do decreto europeo que regula as redes de enmalle á deriva supón un respiro para o xeito que podería ser excluído desta prohibición.
BARBANZA> Representantes de Acerga viaxarán o luns a Bruxelas para manter unha xuntanza con diferentes eurodeputados ós que lle trasladarán o seu problema. Con esta xuntanza os cerqueiros pretenden a modificación dos criterios actuais do reparto de cotas.
Publicado en portada
RIANXO> A confraría de Pescadores de Rianxo iniciará este mes un expediente de regulación de emprego debido á mala situación económica pola que atravesa a entidade. A medida afectará a totalidade de traballadores do pósito, que verán reducida a súa xornada laboral e tamén os seus salarios.
PORTO DO SON> Dúas semanas despois do inicio da acampada dos cerqueiros en San Caetano, a maior parte da flota galega permanece amarrada. O conflito semella lonxe de solucionarse ante a diferenza de criterios entre administración e sector. ACERGA esixe un compromiso por escrito sobre a modificación do reparto de cotas. O Ministerio non se opón á revisión sempre que exista un acordo maioritario pero insiste en que o actual acordo estará en vigor ata o fin da campaña.
Publicado en portada
RIANXO> O patrón maior de Rianxo denuncia unha presunta sabotaxe nunha batea da súa propiedade que apareceu coa maior parte das cordas cortadas. Miguel Ángel Iglesias atribúe este suceso a posibles represalias xa que a actual directiva erradicou antigas prácticas ilegais introducindo un modelo de xestión transparente e acorde á normativa.
POBRA> O sector do mar encadea varios días seguidos de temporal o que se está a traducir no desabastecemento dos mercados. Pouco peixe e máis caro nun mes no que, xa de por si, adoitan descender as vendas.
PORTO DO SON>A flota do cerco permanecerá amarrada a pesar de ter aceptado o intercambio de cota de xarda por xurelo. Os seiscentos quilos que obterán desta especie servirán para pagar a sobrepesca deste ano no caladoiro evitando así o desconto de cota de cara á vindeira campaña. Así as cousas, representantes de ACERGA planean acudir a Bruxelas para esixir un reparto xusto mentres armadores e mariñeiros permanecen acampados en San Caetano.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook