• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
NOIA> A confraría de Noia contará cunha marca de calidade propia do berberecho da ría a finais de ano. O pósito iniciou unha serie de accións promocionais enmarcadas nun plan estratéxico a desenvolver ata o 2020.
RIANXO> Bo prezo e marisco de calidade, aínda que as capturas non están a ser moi elevadas. Este é o balance que fai o patrón maior de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, do que vai de campaña marisqueira de verán nas súas concesións.
NOIA> O presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, visitou as obras que se están a realizar nos pantaláns do Porto de Testal, no concello de Noia. En total, a Consellería do Mar destinará á mellora das instalacións portuarias do municipio máis de 100.000 euros.
BOIRO> A construción dos pantaláns para embarcacións pesqueiras e bateeiras en Cabo de Cruz será por fin unha realidade. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciaba que as obras atópanse actualmente en proceso de licitación e poderían dar comezo xa a principios de ano.
POBRA> O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, comprobou na Pobra do Caramiñal os resultados das obras realizadas nos últimos meses para a instalación do novo sistema de peche no peirao comercial. A actuación, que supuxo un investimento duns 240 mil euros, permitirá dar cumprimento ó código de seguridade internacional, coñecido coma PBIP.
Publicado en portada
RIBEIRA>Os mariscadores de Aguiño decidiron deixar de fondear estes días na zona do Carreiro ante o temor a ser sancionados pola Garda Civil. Segundo explicou o patrón maior, José Antonio Santamaría, nos próximos días está previsto celebrar unha xuntanza para acordar as medidas de presión a realizar para seguir defendendo a exclusividade de Aguiño nesta concesión.
RIBEIRA> Ribeira e Aguiño continúan a negociar para delimitar a titularidade da franxa do Carreiro. Mentres non se chegue a un acordo, decidiron non traballar na zona a pesar de que xa remitiu a toxina. Este conflito vén de poñer sobre a mesa a vella demanda do reparto do libre marisqueo.
RIBEIRA> Boas impresións na apertura da campaña do percebe na zona de Couso. Os profesionais de Aguiño fixeron unha boa xornada dado o óptimo estado da mar e constataron a presenza de marisco de calidade.
POBRA> Portos de Galicia executou melloras no pantalán de descarga da Pobra no que operan medio cento de embarcacións de pesca e marisqueo.
POBRA> A confraría da Pobra aposta por centralizar as vendas para lograr unha maior rendibilidade. Na actualidade, xa están a subhastar os seus produtos no lonxa de Ribeira, con moi bos resultados.
RIBEIRA> Os diversos operativos contra o furtivismo desenvolvidos polo servizo de Gardacostas de Galicia saldáronse cun máis de oitocentos quilos de peixe e marisco comisados así como trescentos vinte e dous aparellos de pesca.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook