• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
BOIRO> A construción dos pantaláns para embarcacións pesqueiras e bateeiras en Cabo de Cruz será por fin unha realidade. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciaba que as obras atópanse actualmente en proceso de licitación e poderían dar comezo xa a principios de ano.
POBRA> O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, comprobou na Pobra do Caramiñal os resultados das obras realizadas nos últimos meses para a instalación do novo sistema de peche no peirao comercial. A actuación, que supuxo un investimento duns 240 mil euros, permitirá dar cumprimento ó código de seguridade internacional, coñecido coma PBIP.
Publicado en portada
RIBEIRA>Os mariscadores de Aguiño decidiron deixar de fondear estes días na zona do Carreiro ante o temor a ser sancionados pola Garda Civil. Segundo explicou o patrón maior, José Antonio Santamaría, nos próximos días está previsto celebrar unha xuntanza para acordar as medidas de presión a realizar para seguir defendendo a exclusividade de Aguiño nesta concesión.
RIBEIRA> Ribeira e Aguiño continúan a negociar para delimitar a titularidade da franxa do Carreiro. Mentres non se chegue a un acordo, decidiron non traballar na zona a pesar de que xa remitiu a toxina. Este conflito vén de poñer sobre a mesa a vella demanda do reparto do libre marisqueo.
RIBEIRA> Boas impresións na apertura da campaña do percebe na zona de Couso. Os profesionais de Aguiño fixeron unha boa xornada dado o óptimo estado da mar e constataron a presenza de marisco de calidade.
POBRA> Portos de Galicia executou melloras no pantalán de descarga da Pobra no que operan medio cento de embarcacións de pesca e marisqueo.
POBRA> A confraría da Pobra aposta por centralizar as vendas para lograr unha maior rendibilidade. Na actualidade, xa están a subhastar os seus produtos no lonxa de Ribeira, con moi bos resultados.
RIBEIRA> Os diversos operativos contra o furtivismo desenvolvidos polo servizo de Gardacostas de Galicia saldáronse cun máis de oitocentos quilos de peixe e marisco comisados así como trescentos vinte e dous aparellos de pesca.
SANTIAGO> O parlamento galego aprobaba unha proposición non de lei encamiñada a modificar o reparto das cotas pesqueiras. A iniciativa, promovida polo grupo popular, ten por obxecto que a flota galega poda aproveitar os recursos excedentes doutros países comunitarios, a través da cesión ou o traspaso de cotas.
BARBANZA> A organización de produtores do Cantábrico acordou rebaixar a cota do bocarte e reducir os días de traballo para regular a pesqueiría. A drástica caída da cotización, co quilo de anchoa por debaixo do euro, obrigou ós representantes das catro comunidades a adoptar estas medidas con carácter temporal.
RIANXO> Malos tempos para os mariscadores arousáns. O pósito de Rianxo viuse obrigado a pechar as súas concesións tan só unhas semanas despois do inicio da campaña. A escaseza de marisco e a ausencia de cría preocupan á directiva que solicitará un estudo para determinar as causas da caída da produtividade.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook