• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Ademais do sector bateeiro, os mariscadores estanse a ver moi afectados polo inesperado episodio de toxina. Tralo peche da ría de Muros Noia, os produtores de Ribeira tiveron que aprazar o inicio da campaña nas súas concesións.
Venres, 11 Outubro 2013 18:39

A Pobra: líder en tránsitos portuarios

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, presentou o balance de transitos de embarcacións foráneas a Galicia durante este pasado verán, concretamente os meses de xuño, xullo e setembro.
NOIA> O repentino peche da ría de Noia supuxo un varapalo para os máis de mil seiscentos mariscadores que iniciaron a campaña a principios de semana. A confusión inicial e o temor a non cobrar o marisco vendido o martes xeraron momentos de gran tensión no porto de Testal.
Mércores, 09 Outubro 2013 18:57

A toxina obriga a pechar a ría de Noia

Malia que arrancou con bo pé, a campaña marisqueira de Noia vén de torcerse. A aparición de toxina obrigou á paralización da extracción en tódalas autorizacións.
Mércores, 09 Outubro 2013 18:21

O libre marisqueo segue sen repuntar

A piques de cumprirse dúas semanas do arranque do libre marisqueo, o balance é máis ben modesto. A escaseza de berberecho nos Lombos do Ulla deixa con moi poucas opcións ós produtores que optan por diversificar a actividade para poder obter un salario.
NOIA> Tal e como indicaban as mostraxes previas, hai berberecho na ría de Noia. Nesta primeira xornada de traballo foi doado acadar o tope, de corenta quilos para os mariscadores a flote e vinte e cinco para os de a pé. Peores impresións en canto á ameixa da que semella non abonda aínda que neste arranque de campaña foron moitos os profesionais que tan só se dedicaron ó berberecho.
Venres, 04 Outubro 2013 06:00

Comeza a remodelación da lonxa pobrense

POBRA> O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou as obras de remodelación integral da lonxa da Pobra do Caramiñal.
Venres, 04 Outubro 2013 02:00

Ecomar: modelo de colaboración en Europa

RIANXO> O proxecto Ecomar de Rianxo representará ó Grupo de Acción Costeira ría de Arousa nun seminario internacional. Bruxelas decidiu premiar o esforzo realizado polos numerosos colaboradores do proxecto Ecomar que se desenvolveu ó longo do último ano a iniciativa da confraría de Rianxo no marco do Grupo de acción costeira ría de Arousa.
RIBEIRA> A campaña marisqueira de Ribeira reabrirá o día 14 de outubro. Os traballadores compaxinarán o traballo nas concesións cos bancos de libre marisqueo. Polo momento, as expectativas non son moi optimistas aínda que si mellores que en campañas anteriores. En función dos resultados das mostraxes, decidirán se se procede á apertura de tódalas autorizacións ou se alterna a actividade por zonas.
Martes, 01 Outubro 2013 18:59

Mal arranque do libre marisqueo en Arousa

BARBANZA> As expectativas xa non eran moi boas pero a realidade foi aínda peor para os preto de dous mil mariscadores que esta mañá iniciaron a actividade nos bancos de libre marisqueo. A pesar das mostraxes que revelaban presenza de berberecho, apenas hai rastro deste bivalvo nos Lombos do Ulla. Peor situación en Cabío de onde o berberecho segue ausente.
RIBEIRA> Representantes de diversos sectores do mar déronse cita en Ribeira para esixir a convocatoria de eleccións nas confrarías galegas. O mal tempo non foi quen de disuadir ós mariscadores, mariñeiros e representantes de tódolos sectores que este sábado se manifestaron para esixir a convocatoria de eleccións nas confrarías galegas.
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, presentaba xunto co presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde, a campaña de promoción “Busca a orixe. Atopa calidade” coa que se pretende promocionar o consumo deste produto en fresco certificado coa Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia en establecementos de toda España. No acto tamén tomaron parte o presidente deste última entidade, Francisco Alcalde, e o Secretario Xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro, así como representantes das cadeas de distribución alimentaria adheridos a esta campaña Vegalsa-Eroski, El Corte Inglés, Gadis e Froiz.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook