• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
GALICIA> A Consellería do Mar aposta por unha denominación de orixe protexida para o mexillón de Galicia que agrupe os intereses de toda a cadea do sector miticultor. Así o explicou Rosa Quintana, nunha comparecencia no Parlamento, na que destacou a necesidade de clarexar os criterios de etiquetaxe do mexillón galego na conserva.
Publicado en portada
RIBEIRA> División no seo da Federación Galega de Confrarías sobre a duración da veda do polbo. Os pósitos realizarán consultas entre os seus socios para trasladar ás propostas á Consellería do Mar. Mentres nalgunhas agrupación, como Muros, son partidarios de alongar o paro noutras, como Ribeira, piden que non dure máis dun mes.
RIANXO> Os mariscadores de Rianxo volveron ó traballo nunha xornada na que non foi doado apañar os topes. A especie máis abundante foi a ameixa babosa, mentres que a fina, a xapónica e o berberecho apenas fixeron acto de presenza neste arranque de campaña.
Publicado en portada
RIANXO> Os mariscadores de Rianxo volveron ó traballo nunha xornada na que non foi doado apañar os topes. A especie máis abundante foi a ameixa babosa, mentres que a fina, a xapónica e o berberecho apenas fixeron acto de presenza neste arranque de campaña.
MADRID> A Consellería do Mar trasladou á Secretaría Xeral de Pesca a posibilidade de reunir ós representantes das comunidades autónomas e do sector para avaliar a aplicación do sistema de reparto de cotas consensuado hai dous anos co obxectivo de plantexar modificacións futuras.
RIANXO> O vindeiro luns arranca a campaña marisqueira en Rianxo. Máis dun cento de embarcacións voltarán ó traballo cunha previsión bastante pesimista en vista dos resultados das mostraxes realizadas nas últimas semanas.
RIANXO> O avance da marea vermella obrigou ó peche de varios polígonos na ría de Arousa. A toxina afecta, polo momento á zona sur, aínda que en Arousa Norte miran con preocupación a evolución deste novo episodio tóxico que podería comprometer a campaña de verán.
RIBEIRA> A principios de mes, a confraría de Ribeira pechaba a extracción de ameixa babosa cun balance máis que satisfactorio grazas ás altas cotizacións.
NOIA> Balance inmellorable da campaña marisqueira en Noia que pechou o exercicio cunha facturación próxima ós catorce millóns de euros. Ó longo destes meses, os produtores extraeron preto de dous millóns e medio de quilos de berberecho e ameixa, cuadriplicando as capturas do ano anterior.
GALICIA> O Consello Galego de Pesca creará tres comisións de traballo para analizar distintos asuntos de interese para o sector. Unha terá como eixo central a pesca artesanal mentres que as outras dúas estudarán os regulamentos europeos de control e da pesca en augas profundas.
RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de constituír a comisión de seguimento da lonxa na que ademais de Portos de Galicia e a Consellería de Sanidade están representadas as asociacións locais de cerco, arrastre e artes menores así como compradores, exportadores e a administración da actual lonxa.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook