• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
RIBEIRA> Pouca xarda na apertura da pesqueiría para as artes menores. As embarcacións desprazadas no Cantábrico confían en que as capturas aumenten de cara as próximas semanas. Polo momento, as cotizacións son altas co quilo de peixe por riba do euro.
RIANXO> A confraría de Rianxo denuncia o incremento dos casos de furtivismo nas súas concesións. Esixen á Consellería a toma de medidas para controlar as canles de comercialización do marisco ilegal ante a imposibilidade de frear a actividade extractiva nas praias.
BARBANZA> A Consellería do Mar autorizou a creación de sesenta e catro novas prazas de mariscadores nas confrarías de Rianxo, Cabo de Cruz e Noia.
Publicado en portada
SANTIAGO> A Federación Galega de Confrarías mantén a convocatoria da mobilización en defensa do sector do mar para este sábado en Santiago. Consideran que a retirada do anteproxecto de lei de acuicultura é insuficiente para dar marcha atrás na súa intención de manifestarse xa que son moitos os problemas que afronta o sector.
GALICIA> A consellería do Mar levará a cabo un plan de continxencia para evitar que a marteilia, o parásito que afecta ó berberecho especialmente nas rías de Arousa e Pontevedra, non siga estendéndose ó resto de Rías galegas. A proposta, presentada por AGE, conseguiu o apoio unánime do resto de forzas na Comisión de Pesca do Parlamento Galego.
RIBEIRA>A Escola Náutico Pesqueira de Ribeira aposta por achegar a industria ó entorno académico co fin de mellorar a saída laboral dos seus alumnos. Nesta liña enmárcase a conferencia desenvolvida esta mañá sobre a eficiencia enerxética nos motores navais a cargo do responsable comercial de Man Diesel en España.
RIBEIRA> Na súa visita á comarca do Barbanza, o presidente de Portos referiuse ó inicio do proceso administrativo para o traslado á nova lonxa. Á espera de que se faga efectivo queda pendente a dotación dalgún servizo como a rede telefónica polo que, dende o departamento autonómico, prefiren non adiantar prazos para a posta en funcionamento das instalacións.
SANTIAGO> A lei de acuicultura segue a ser motivo de debate no Parlamento. A Conselleira do Mar contestaba este mediodía a unha interpelación formulada por Alternativa Galega de Esquerdas. Rosa Quintana reiterou a dispoñibilidade do seu departamento para introducir na lei tódolos cambios consensuados co sector.
Publicado en portada
POBRA> A costa galega permaneceu durante toda a xornada en alerta laranxa; situación que se prevé continúe mañá. Con estas malas condicións na mar, a maior parte da flota permaneceu amarrada o que se traduciu na escaseza de peixe nas lonxas e prazas.
NOIA> Os mariscadores de Noia volverán ó traballo o próximo luns. Tralo paro que segue á campaña de Nadal agardan retomar a actividade con bos resultados. Aínda que as expectativas son boas haberá que agardar á próxima semana para constatar o estado das concesións.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook