• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
SANTIAGO> A conselleira do Mar presidiu a Comisión do Mexillón para analizar cos representantes deste sector as alegacións á futura Lei de Acuicultura de Galicia. Rosa Quintana mandou unha mensaxe de tranquilidade ó sector sinalando que con esta lei a Xunta está a propoñer unha posibilidade de desenvolvemento social e económico para Galicia, moi lonxe da privatización.
RIBEIRA> Dende este mércores non se poderá capturar nécora en toda Galicia. Co comezo da veda que se prolongará ata o un de xullo péchase unha campaña na que se descargaron máis de cento cinco toneladas desta especie nas lonxas galegas. A facturación ascende a un coma sete millóns de euros.
RIBEIRA> Dende este mércores non se poderá capturar nécora en toda Galicia. Co comezo da veda que se prolongará ata o un de xullo péchase unha campaña na que se descargaron máis de cento cinco toneladas desta especie nas lonxas galegas. A facturación ascende a un coma sete millóns de euros.
Publicado en portada
Publicado en portada
POBRA> O temporal que azouta o litoral galego ó longo desta semana fai que os mariscadores apenas poidan traballar. A falla de actividade é especialmente grave en plena campaña de Nadal cando o marisco e o peixe cotizan á alza.
Publicado en portada
POBRA> Marisco, peixe e carne compoñen o tradicional menú de Noiteboa que se servirá esta noite na maioría das mesas. Aínda que cada quen se decanta por distinta especies, o camarón, a centola, o bacallau e o capón son os preferidos polos arousáns nestas festas.
Publicado en portada
RIBEIRA> O mal tempo está a condicionar a campaña do percebe neste Nadal en Aguiño. O quilo de crustáceo pagouse moi por debaixo dos preto de trescentos que chegou a cotizar en anos anteriores.
Publicado en portada
GALICIA> Principio de entendemento no seo do cerco galego para que os barcos sen cota conten cun mínimo de capturas. Esta proposta foi abordada na xuntanza mantida polos representantes da flota esta mañá en Santiago. Tras plantexala nas diferentes asembleas volveranse reunir a próxima semana para tomar unha decisión.
Publicado en portada
HomeMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook