• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POBRA> O temporal que azouta o litoral galego ó longo desta semana fai que os mariscadores apenas poidan traballar. A falla de actividade é especialmente grave en plena campaña de Nadal cando o marisco e o peixe cotizan á alza.
Publicado en portada
POBRA> Marisco, peixe e carne compoñen o tradicional menú de Noiteboa que se servirá esta noite na maioría das mesas. Aínda que cada quen se decanta por distinta especies, o camarón, a centola, o bacallau e o capón son os preferidos polos arousáns nestas festas.
Publicado en portada
RIBEIRA> O mal tempo está a condicionar a campaña do percebe neste Nadal en Aguiño. O quilo de crustáceo pagouse moi por debaixo dos preto de trescentos que chegou a cotizar en anos anteriores.
Publicado en portada
GALICIA> Principio de entendemento no seo do cerco galego para que os barcos sen cota conten cun mínimo de capturas. Esta proposta foi abordada na xuntanza mantida polos representantes da flota esta mañá en Santiago. Tras plantexala nas diferentes asembleas volveranse reunir a próxima semana para tomar unha decisión.
Publicado en portada
GALICIA> Satisfacción moderada no goberno autonómico tralo acordo acadado a pasada madrugada en Bruxelas para o reparto de cotas entre a flota comunitaria. A suba do xurelo no Cantábrico Noroeste nun vinte e sete por cento constitúe a mellor nova para Galicia. Destaca tamén o mantemento da raia e do gallo. E a pescada ibérica reducirase finalmente nun vinte e dous por cento, fronte ó sesenta proposto inicialmente pola Comisión Europea.
Publicado en portada
RIBEIRA> O porto de Ribeira volveu ser vítima dun roubo, esta vez de marisco. Os ladróns accederon á zona dos pantaláns e levaron ó redor de cento cincuenta quilos de nécora, centola e camarón. Os mariñeiros vense obrigados a deixar as capturas fondeadas posto que non teñen onde depositalas ata a hora da subhasta que comeza ás sete da tarde.
GALICIA> O Consello Europeo de Pesca debate esta semana o reparto de cotas pesqueiras entre os estados membros.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook