• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Publicado en portada
RIBEIRA> O porto de Ribeira volveu ser vítima dun roubo, esta vez de marisco. Os ladróns accederon á zona dos pantaláns e levaron ó redor de cento cincuenta quilos de nécora, centola e camarón. Os mariñeiros vense obrigados a deixar as capturas fondeadas posto que non teñen onde depositalas ata a hora da subhasta que comeza ás sete da tarde.
GALICIA> O Consello Europeo de Pesca debate esta semana o reparto de cotas pesqueiras entre os estados membros.
VILAGARCÍA> A Conselleira do Mar non entende os motivos do rexeitamento á lei de acuicultura expresado por parte do sector. Rosa Quintana atribúe esta oposición ó rexeitamento dunha norma que tan só pretende, di, crear un marco xurídico seguro e deixar as portas abertas cara o futuro.
POBRA> A medida que avanza o mes de decembro, os prezos de peixes e marisco comezan a subir como a escuma de cara ó Nadal. Os máis previsores optan por mercar xa a materia prima para os seus menús e conxelar. Facéndoo poden chegar a aforrar ata dez euros por quilo.
GALICIA> A Consellería do Mar traballa para conseguir un incremento das cotas pesqueiras outorgadas a España pola Unión Europea.
RIBEIRA> A ardua labor realizada polo Grupo de Estudo do Medio Mariño volve estar de novo recoñecida coa publicación do achado de dúas novas especies na ría de Arousa. Trátase de dúas variedades de vermes planos que, ata o de agora, non foran catalogadas.
NOIA> Os bos resultados que, ata o momento, está a deparar a campaña marisqueira de Noia alimentan as boas expectativas de cara á campaña de Nadal. Nos preto de tres meses que levan de actividade, a confraría facturou xa once millóns e medio de euros.
PORTO DO SON> A Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (ACERGA) continuará co seu calendario de mobilizacións tras coñecer o novo plan de xestión do cantábrico noroeste. Os representantes da entidade denuncian o incumprimento dos compromisos adquiridos polas administracións xa que o reparto de cotas mantense para o 2016 como ata o de agora.
Publicado en portada
PORTO DO SON> A Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (ACERGA) continuará co seu calendario de mobilizacións tras coñecer o novo plan de xestión do cantábrico noroeste. Os representantes da entidade denuncian o incumprimento dos compromisos adquiridos polas administracións xa que o reparto de cotas mantense para o 2016 como ata o de agora.
Publicado en portada
BARBANZA> A recentemente constituída Asociación de Cerqueiros Galegos agarda que as súas demandas sexan recollidas na nova lei de pesca que se publicará esta mesma semana. A principal mellora será a posibilidade de optimizar a xestión do cupo de cada embarcación, intercambiando as cotas de distintas especies.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Marítima Pesca Marisqueo Top of Page

Síguenos en facebook