• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
MUROS> Ó tempo que xa está en marcha o proceso de selección para a contratación de dous auxiliares da Policía local, a xunta de goberno de Muros vén de aprobar as bases para a selección de doce traballadores para as brigadas contraincendios e oito para limpeza de praias. Nas próximas semanas publicarase tamén a oferta para a selección de dous informadores turísticos que podería verse incrementada á espera da concesión dunha nova subvención. Dende o concello tamén están pendente da axuda da Deputación da Coruña para a contratación de persoal que permita reforzar determinados servizos municipais durante o verán.
Publicado en portada
MUROS> O casco histórico de Muros verase, por fin, liberado do cableado que afeaba algunhas das zonas máis emblemáticas do municipio. A compañía telefónica realizou unha proposta para o soterramento das liñas aéreas.
MUROS> O PP de Muros esixe ó goberno municipal a baixada urxente do Imposto sobre Bens Inmobles, en cumprimento do acordo plenario acadado en novembro do pasado ano.
MUROS> A alcaldesa, María Xosé Alfonso, pretende aumentar o número de postos actuais para mellorar a oferta existente, así como desenvolver actividades coa finalidade de atraer a novos clientes.
MUROS> A piscina de Muros reabría ó público tras máis de medio ano pechada polos problemas de filtracións que afectaban á cuberta. Ata mediados de mes, a entrada ó recinto será de balde e os socios tan só deberán aboar a metade da mensualidade.
MUROS> O concello de Muros busca financiamento para a reparación do paseo marítimo de Esteiro que se atopa moi deteriorado. A alcaldesa mantivo un encontro co xefe da Demarcación de Costas en Galicia quen se comprometeu a estudar a demanda do cambio das travesas de madeira do paseo.
MUROS> O concello de Muros e a Deputación da Coruña buscarán fórmulas de colaboración para ampliar a estrada de Abelleira a Paxareiras. A alcaldesa muradá mantivo un encontro co presidente da administración provincial para plantexarlle a necesidade de incrementar o ancho desta vía altamente transitada.
MUROS> O concello de Muros establece o galego como lingua preferente na administración local. O pleno aprobou, cos votos a favor de Compromiso por Galicia e o BNG, e as abstencións do PP e PSOE, un regulamento para a promoción e normalización do galego sen excluír o castelán.
MUROS> O Concello de Muros vén de realizar unha doazón de preto de mil euros á Asociación Española de loita Contra o Cancro. Esta contía económica foi recadada mediante varias actividades levadas acabo polo Centro de Información a Muller da localidade. A alcaldesa, María Xosé Alfonso, destacou o traballo que leva a cabo esta asociación, especialmente no financiamento da investigación de novos tratamentos para a cura do cancro, unha enfermidade que sofren tamén moitas veciños do municipio. A rexedora quixo agradecer tamén o traballo do persoal do CIM, que puxo todo o seu esforzo en recadar unha importante contía económica.
Mércores, 18 Novembro 2015 19:19

O PP muradán reclama a rebaixa do IBI

MUROS> A voceira desta formación, Inés Monteagudo, considera que os actuais tipos impositivos fixados no 0’6% resultan moi gravosos para as economías de moitas familias do municipio.
MUROS> O concello xa dispón dun informe técnico novo que incide na necesidade de redactar un novo proxecto, ó detectarse fallos importantes nas obras de reparación da cuberta.

Final Copa Diputación

HomeMostrando artigos por etiqueta: Muros Top of Page

Síguenos en facebook