• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
MUROS> A próxima cita será este domingo en Torea.
MUROS> A Deputación da Coruña aprobou un convenio de colaboración co concello de Muros para o financiamento de actividades no Pozo do Cachón. O órgano provincial destinará vinte mil euros para sufragar parte da programación cultural que acolle este centro cultural.
MUROS> O Concello de Muros vén de convocar as axudas para o material e o transporte escolar.
MUROS> O executivo muradán vén de facer público a través das redes sociais a dirección web que permitirá ver en directo a partir de agora as sesións plenarias. A alcaldesa, María Xosé Alfonso, sinalou que se trata dunha medida de transparencia, ó considerar que a cidadanía ten dereito a coñecer o que votan e o que argumentan os diferentes representantes dos partidos políticos nos plenos. A rexedora muradá referiuse ademais a que esta medida era algo que dende a oposición se lle viña reclamando ó anterior goberno municipal e que levaban no seu programa electoral. O servizo xa estará operativo dende mañá xoves.
MUROS> A voceira do Grupo municipal do Partido Popular, Inés Monteagudo, denunciou hoxe o estado de abandono e deterioro no que se atopan as instalacións do cemiterio municipal da Atalaia. A través dunha moción que levará á vindeira sesión plenaria a 'popular' reclama ó goberno local a realización dun proxecto de acondicionamento en condición, e se habilite unha partida orzamentaria para manter o recinto. Monteagudo sinala que a súa denuncia recolle o profundo malestar da veciñanza polo mal estado do acceso principal, a zona central e as ramplas de subida, así como polas gretas, as manchas nas paredes e a inexistencia de axardinamento no recinto.
MUROS> O concello de Muros anima á cidadanía a facer uso do servizo municipal de recollida de enseres. Chamando previamente a empresa responsable indica a data para o depósito do residuos evitando que permanezan na rúa.
NMUROS> O concello de Muros acolle este domingo unha carreira solidaria en favor de Cáritas. Dende a organización, que corre a cargo da piscina municipal, agardan superar os cincocentos participantes da pasada edición.
MUROS> O concello de Muros porá a disposición da xustiza a información relativa a unha factura municipal na que observan unha serie de irregularidades. Denuncian que se emitiu polo cambio das rodas do camión do Grupo de Emerxencias; substitución que non chegou a realizarse.
MUROS> A nova gardería de Muros estará operativa para o comezo do curso. Así o anunciou a alcaldesa que informou que se atopa en marcha o proceso de inscricións. A escola infantil ten capacidade para corenta alumnos e, na actualidade, quedan aínda prazas libres.
MUROS> O voto favorable do BNG e a abstención do PP permitiu ó executivo de Muros aprobar a proposta de dedicacións e retribucións dos membros do goberno. A alcaldesa asumirá unha dedicación exclusiva de tres mil euros mensuais, mentres que os dous edís delegados ostentarán unha parcial de mil douscentos euros cada un.
MUROS> Esteiro prepárase para a súa gran cita festiva do verán. A vixésimo oitava edición do Gran Prix de Carrilanas volverá atraer a miles de visitantes ata a localidade muradá esta fin de semana. Un motivo máis para acadar a declaración de festa de interese turístico nacional que levan anos solicitando.
MUROS> Malestar en Muros ante a negativa de Portos a ceder o espazo para a celebración das festas de San Pedro. O concello non descarta o cambio de ubicación das atraccións se finalmente non obteñen o permiso. O que teñen claro é que as festas si se celebrarán.

Final Copa Diputación

HomeMostrando artigos por etiqueta: Muros Top of Page

Síguenos en facebook