• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
MUROS> Continúan as xuntanzas para a posta en marcha da central de vendas do polbo na que participan varias confrarías da comarca de Muros Noia. Polo momento, aínda non comezou a funcionar a pleno rendemento o sistema de vendas centralizada nunha soa lonxa.
MUROS> Un ano máis o concello de Muros volve quedar fóra da convocatoria de obradoiros de emprego. Por cuarto ano consecutivo, a Consellería de Traballo denegou a solicitude conxunta de Muros e Carnota para as especialidades de socorrismo e limpeza de espazos abertos e instalacións industriais.
BARBANZA> Inmersos xa na Semana Santa, son moitos os concellos que colgan o cartel de cheo nos seus establecementos hostaleiros. É o caso de Muros, onde a poboación se duplica durante estas festas ante o número de visitantes atraídos pola singularidade da súa Semana Santa.
MUROS> Mal balance da costeira da xarda marcada por capturas inestables e, sobre todo, pola baixa cotización. A saturación do mercado, pola presenza de peixe conxelado da anterior campaña, está detrás deste descenso dos prezos.
MUROS> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ratificar a ampliación dos horarios da policía local de Muros, establecida o pasado ano trala negociación entre o executivo e os sindicatos. Con este acordo modificábase o convenio aprobado durante a anterior lexislatura que eliminaba as gardas nocturnas.
MUROS> O executivo muradán está a realizar as xestións para mellorar a cobertura de TDT en todo o municipio. Polo momento, xa se colocaron dous novos repetidores en Abelleira e Torea e está previsto outra nova instalación en Louro.
MUROS> O executivo muradán vén de adxudicar as obras de mellora da cuberta da piscina municipal por un importe que se achega ós 90 mil euros. A actuación, que será asumida na súa totalidade pola Deputación da Coruña, podería iniciarse xa a finais deste mes de febreiro ou a principios de marzo.
MUROS> Balance máis que positivo do paso de Muros por FITUR. O expositor do concello recibiu infinidade de visitas e arrancou o compromiso de varios turoperadores para a organización de visitas, non só no verán, senón durante todo o ano.
MUROS> A alcaldesa, Caridad González, xa advertiu en varias ocasións á consellería de Educacións dos problemas que presenta o centro educativo, e está a espera de que se dea unha solución urxente.
MUROS> O éxito de edicións anteriores foi unha das principais razóns polas que o executivo local volveu a apostar por repetir experiencia nesta feira.
Publicado en portada
MUROS> A sesión estivo marcada pola polémica, cun novo enfrontamento entre a alcaldesa, Caridad González, e os non adscritos, que supuxo a expulsión de dúas edís deste grupo: María Sambade e a propia voceira, María Xosé Alfonso.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Muros Top of Page

Síguenos en facebook