• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
MUROS> A cesión é froito dun convenio ó que chegaron ambas entidades, xa que as actuais instalacións do Club, na antiga lonxa, non cubren as súas necesidades.
MUROS> Axentes da Garda Civil de Muros procederon esta pasada fin de semana á detención de cinco mozos, todos eles menores de idade, como presuntos autores de varios roubos cometidos no instituto Fontexeria e no colexio Ramón de Artaza. Segundo informaron fontes do propio Instituto Armado os rapaces foron sorprendidos polos axentes nas inmediacións destes dous centros educativos, ataviados con pasamontañas e luvas. Todos eles, residentes en Muros, Esteiro e Outes, confesáronse ser autores dos feitos, entregando todo o material substraído. Entre os obxectos recuperados figuran ordenadores portátiles, auriculares e proxectores.
MUROS> Para os membros da formación nacionalista sería unha fórmula de revitalizar, non só á praza de abastos, senón tamén a todo o casco histórico da vila.
MUROS> Actualmente o edificio atópase moi deteriorado, existindo un claro risco de derrube, razón pola cal o concello xa acometeu algún que outro traballo de mantemento.
MUROS> O convento de Louro no concello de Muros podería converterse próximamente nun hotel de tres estrelas se sae adiante o proxecto que a orde dos Franciscanos, actual propietaria das instalacións, pretende poñer en marcha. Dende o concello muradán aplauden esta iniciativa, cuxo investimento podería superar os tres millóns de euros, dado a necesidade que ten o municipio de máis prazas hoteleiras.
Luns, 06 Outubro 2014 17:33

Detido un muradán por trapicheo

MUROS> Esta pasada fin de semana a Garda Civil de Muros detivo a un veciño da localidade, de 42 anos, con iniciais D.V.G., por un suposto delito de trapicheo de drogas. No momento da detención os axentes do Instituto Armado intervíronlle unhas oitenta doses de heroína, así como diverso diñeiro en metálico. Segundo informaron fontes policiais o detido xa conta con numerosos antecedentes por feitos similares.
MUROS> Un grupo de nenos do colexio de Muros conseguiron o primeiro premio do certame de vídeos do programa lecer consumo da Consellería de Economía e Industria. A directora xeral de comercio, Sol Vázquez, foi a encargada de entregar os premios nun acto que se desenvolveu na casa da cultura da localidade.
MUROS> A Deputación da Coruña e o concello de Muros asinaron un convenio de colaboración para a mellora do campo de fútbol da Agra da Filgueira, en Louro.
MUROS> Segundo explicou a alcaldesa, Caridad González, este non é o lugar máis idóneo para a súa ubicación.
MUROS> Un operativo contra o furtivismo, realizado no concello de Muros, sáldase co comiso de 177 quilos de mexillón de rocha, case 6 quilos de ameixa babosa e máis de 14 de caramuxo. Axentes da Gardacostas e da Policía Autonómica expulsaron, ademais, a 33 persoas da zona e levantaron unha acta de inspección a un vehículo situado no punto. A consellería do Medio Rural e do Mar insiste, tras estes casos, na importancia de consumir marisco dentro da legalidade para non comprometer a nosa saúde. O marisco comercializado doutro xeito non pasou ningún control que avale a súa calidade.
MUROS> Moitos dos empresarios instalados no parque empresarial trasladáronlle ó Concello, en reiteradas ocasións, a necesidade de acometer cambios.
MUROS> A alcaldesa, Caridad González, referíase así ós bos resultados que está o plan de axuste posto en marcha polo equipo de goberno ó inicio da actual lexislatura.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Muros Top of Page

Síguenos en facebook