• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
BARBANZA> Na iniciativa tomarán parte uns trinta concellos da provincia, cunha ampla representación de municipios da comarca do Barbanza.
Publicado en DEPORTES
NOIA> O goberno noiés segue dando pasos para acabar cos problemas de turbidez da auga. A última actuación consistiu na instalación dunhas sondas na rede de abastecemento que detectan e cortan o subministro no caso de detectar problemas.
NOIA> A terceira edición do Festival de Arpa Vila de Noia vai camiño de converterse nun referente autonómico grazas ó prestixio dos seus participantes. Tomarán parte músicos non só de Galicia, senón de varios países europeos e de Venezuela.
NOIA> Xa está en marcha o novo aparcadoiro de Noia. Durante os primeiros meses, o servizo será gratuíto ata que saian a concurso as oitenta prazas previstas en réxime de alugueiro.
NOIA> Os concellos de Muros Noia e da área de Santiago unen forzas para reclamar o recoñecemento oficial da variante do Camiño de Santiago que transcorre pola comarca. Asinaron un protocolo de colaboración para a promoción conxunta desta ruta.
MUROS> O BNG insta á Xunta de Galicia a retirar as gaiolas experimentais de salmón da ría de Muros. Entenden que, caducada a concesión e fracasado o proxecto, tan só procede quitar estas estruturas, tres anos despois da súa instalación.
LOUSAME> O Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos encherase de tradición e artesanía o domingo doce de xuño. Neste emblemático enclave terá lugar o ‘Encontro de saberes e sabores’ onde se desenvolverán obradoiros de elaboración de produtos, desgustacións e actividades de promoción das actividades artesanais.
NOIA> A cita, que terá lugar este próximo sábado no pavillón Alonso Rodríguez, está organizada polo Club Maniotas e forma parte do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte.
Publicado en DEPORTES
NOIA> Los Manolos e Azúcar Moreno compoñen o cartel da cuarta edición da ‘Feira’ que se celebrará entre o tres e o cinco de xuño en Noia. Este ano incrementouse a participación dos hostaleiros que montarán a súa caseta na zona de Labarta.
NOIA> O concello de Noia dá un paso máis na consecución do recoñecemento oficial do seu camiño xacobeo. O vindeiro once de xuño desenvolverase unha nova peregrinación ata a Catedral de Santiago para reivindicar o lugar histórico da vila como Portus Apostoli.
NOIA> A cita será o próximo catro de xuño coa disputa da segunda edición da BTT Gran Ruta Celta.
Publicado en DEPORTES
NOIA> O executivo noiés iniciaba hai uns días as obras de remodelación da alameda. Trátase dunha obra que xa deixou tramitada o anterior goberno municipal. Os traballos teñen coma principal finalidade a substitución do vello pavimento, cheo de gretas e fendas, por outro novo enlousado. A actuación conta cun investimento próximo ós 290 mil euros que irán con cargo o Plan de Aforro e Investimento da Deputación da Coruña. A intervención levará aparellada tamén o acondicionamento dos xardíns de Felipe de Castro, onde, ademais da mellora da zona axardinada, se instalará novo alumeado e mobiliario urbano.

Final Copa Diputación

HomeMostrando artigos por etiqueta: MurosNoia Top of Page

Síguenos en facebook