• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
NOIA> Para os nacionalistas trátase dun presuposto ostentoso e partidista. Botan en falla máis investimento en saneamento e gasto social.
NOIA> Segundo os nacionalistas esta situación obriga a moitos veciños da comarca a ter que desprazarse a Santiago, ou no peor dos casos recorrer á sanidade privada, para poder facer este tipo de probas. Logo da denuncia realizada pola CIG, á que tamén se sumou SOS Sanidade Pública, o BNG levará ó Parlamento, a través do seu grupo parlamentario, os problemas da avaría da máquina de raios X do centro de saúde de Noia . Os nacionalistas denuncian a situación pola que están a atravesar moitos veciños de Noia, Lousame, Porto do Son e Outes que se ven obrigados a desprazarse ata Santiago, ou no peor dos casos a acudir á sanidade privada, para poder realizar estas probas. Dende o BNG de Muros-Noia consideran que esta situación, derivada da política de recortes en sanidade, non é sostible no tempo, causando un grave prexuízo, polo que esixen unha pronta solución do problema, que non implique a redución de servizos sanitarios nos centros de asistencia primaria. Por esta razón dende o BNG noiés sinalaron tamén que se sumarán á concentración convocada pola CIG prevista para o próximo luns diante do propio centro de saúde.
NOIA> O rexedor levará ó pleno da vindeira semana, no que se debaten os orzamentos, unha proposta que busca introducir tamén unha pequena reordenación na actual distribución das áreas de goberno.
NOIA> A idea pasa por converter as antigas naves da curtiduría nun espazo de usos socioculturais e turísticos.
NOIA> A xa ex-edil renuncia a súa acta de concelleira e abandona a política municipal por motivos persoais
NOIA> O  desfile infantil e o Rally París Dakar serán os pratos fortes dun programa cheo de actividades deseñado para satisfacer a todo tipo de públicos.
NOIA> O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaba a localidade para coñecer este proxecto que estará situado no edificio do antigo Casino.
NOIA> O patrón maior do pósito noiés, Santiago Cruz, confirmou de que a campaña deste ano será prolongada ata marzo.
LOUSAME> O concello de . Trátase dunha actividade socioeducativa dirixida a familias con nenos ou futuros pais. As sesión sterán carácter semanal e xa está aberto o prazo de inscrición para aquelas familias interesadas.
MUROS> A voceira socialista foi unha das convidadas do programa ‘Pleno Aberto’ desta semana, emitido por esta casa.
OUTES> Dende a formación apuntan a que a dita comisión é semellante á que está a ser investigada agora no concello de Valga.
PORTO DO SON> nO ACCIDENTE resultaron feridas leves dúas persoas. Os dous condutores dos turismos. Sen que ningún dos ocupantes do autocar sufrira danos. A colisión tiña lugar ó redor das once desta mañá, na estrada AC-550, á altura da capela de Caamaño. Ata o lugar do suceso trasladáronse efectivos da Policía Local e Protección Civil de Porto do Son, así como unha dotación da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061, que se encargou de trasladar ós feridos ata o centro hospitalario. A consecuencia do choque, mentres se realizaron os labores de retirada dos vehículos e a limpeza da vía, a estrada permaneceu parcialmente pechada, sendo regulado o tráfico por un dos carris.
HomeMostrando artigos por etiqueta: MurosNoia Top of Page

Síguenos en facebook