• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
NOIA> As mostraxes realizadas o pasado mércores deron negativo e estase á espera dos resultados das análises de hoxe.
MUROS> A débeda con provedores reduciuse a máis de 748 mil euros e a débeda cos bancos en preto dos 447 mil.
LOUSAME> Os nacionalistas fanse eco da existencia dunha balsa, ó parecer con lodos tóxicos, procedentes da actividade que desenvolve a empresa que explota actualmente as minas, coma un claro atentado ecolóxico e medioambiental.
Luns, 21 Novembro 2016 17:54

Novo traspé para os mariscadores noieses

NOIA> Esta mañá tiveron que regresar a terra sen poder traballar debido novamente á aparición da toxina.
NOIA> Representantes desta formación mantiveron un encontro con mariscadores para coñecer a súa situación, despois da volta a actividade tralo peche provocado pola marea vermella.
NOIA> Segundo o alcalde, Santiago Freire, as medidas adoptadas melloraron algo a calidade do subministro pero non deron solución definitiva ó problema.
NOIA> Así o confirmou o propio alcalde noiés, Santiago Freire, despois da xuntanza mantida hai uns días con representantes de Portos de Galicia e tamén de Tragsa, empresa que acometerá a dita actuación.
PORTO DO SON> Parte do equipamento adquirido foi posible grazas ás axudas concedidas a través do Fondo de Compensación Ambiental, o coñecido coma ‘canon eólico’.
Mércores, 09 Novembro 2016 19:13

Martín Fiz correrá a Sin-Son 10k 2016

PORTO DO SON> Á falla aínda de máis dun mes para a súa celebración, terá lugar o 18 de decembro, o ritmo de inscricións na Sin-Son 10K é moi alto, chegando nestes momentos ós 559 participantes. Dende a organización agardan poder chegar a un número semellante ó da edición do ano pasado, na que se deron cita uns 2.800 corredores. O que si xa está confirmado é a presenza na proba de Martín Fiz. Un dos maratonianos españois máis laureados de tódolos tempos. Campión do Mundo e tamén de Europa na década dos 90 nesta especialidade. Será un dos atractivos desta carreira que xa se está a converter nunha das probas consolidadas no calendario galego da especialidade.
NOIA> Dende o pósito noiés confían en que a situación mellore nos próximos días e poida iniciarse canto antes a actividade.
Venres, 28 Outubro 2016 18:34

Novo caso de desaparición en Barbanza

BARBANZA> Esta mañá tíñamos coñecemento tamén doutra desaparición. Trátase de José Manuel Bustos, un rapaz de 24 anos, natural de Lousame, que desapareceu a noite do mércores en Ribeira. Acudiu ó seu posto de traballo con normalidade, saiu ás oito da tarde, pero nun regresou á súa casa. A última vez que o viron viaxaba no seu vehículo, un SEAT Ibiza Gris escuro. A Garda Civil, así como a súa familia a través das redes sociais, piden a máxima difusión da súa fotografía, e ante calquera pista sobre o seu paradoiro poden chamar ó 062 ou ó 112.
MUROS> O gravame fixado prevé unha rebaixa do do 0'6% ó 0'5% na urbana e do 0'6% ó 0'3% na rústica.
HomeMostrando artigos por etiqueta: MurosNoia Top of Page

Síguenos en facebook