09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
NOIA> O concello de Noia recompila información para solicitar a declaración da ría como Patrimonio da Humanidade. Pretenden implicar ós outros catro concellos da comarca para converter á actividade marisqueira nun atractivo turístico máis.
PORTO DO SON> Portodos denuncia presuntas irregularidades nos procesos de selección de persoal convocados polo concello de Porto do Son. Consideran que o tribunal non está suficientemente cualificado para avaliar as capacidades dos aspirantes.
NOIA> No acto anunciou que o Goberno Galego creará de cara ó ano que vén unha comisión de control da violencia para dar cobertura así as denuncias que se produzan nas competicións deportivas locais e autonómicas. O Teatro Coliseo Noela de Noia acollía a última hora da tarde de onte o acto de entrega das Distincións ó Mérito Deportivo de Galicia 2017, un galardón creado para recoñecer o labor e a traxectoria de persoas ou entidades relacionadas co deporte. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e contou entre outras autoridades tamén coa Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez. Entre os galardoados na edición deste ano figuran Alfonso González Alonso, Raimundo Fernández ou os irmáns Centeno, que participaron nos Xogos Olímpicos de Barcelona. Tamén homenaxeadas resultaron Margarita Dans e Nela Souto, ou Cristina Fernández Piñeiro, a primeira muller en arbitrar un partido da Liga Asobal; Lourdes Domínguez, que entrou no top 50 do tenis mundial cando ningunha galega o fixera antes; ou Fina Castiñeira, que xa xogaba ó baloncesto no Lugo da posguerra. Ademais de destacar o labor dos deportistas distinguidos, no acto o titular do Goberno Autonómico destacou o deporte como un dos maiores instrumentos de integración e cohesión social. Núñez Feijoo anunciou tamén a creación dunha comisión de control da violencia para dar cobertura así as denuncias que se produzan nas competicións deportivas locais e autonómicas.
MUROS> Na actuación investirase ó redor dun millón de euros. Despois de numerosas solicitudes e tempos de agarda, que mesmo levou ó Concello a pechar a zona debido ó seu estado de deterioro, coa conseguinte perigo para os usuarios, a reforma do paseo marítimo de Esteiro será logo unha realidade. Segundo informou a voceira do grupo municipal do Partido Popular, Inés Monteagudo, a actuación iniciarase xa este ano, ou iso é o compromiso adquirido por parte do Goberno Central. Monteagudo, acompañada pola deputada no Congreso, Marta González, mantivo unha reunión en Madrid coa Directora Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, Raquel Orts, e co Subdirector Xeral para a Protección da Costa, Ángel Muñoz Cubillo, na que se comprometeron a acometer a dita mellora este mesmo ano, destinando a tal fin un orzamento duns 980 mil euros. A actuación permitirá a reposición do pavimento, mediante un material non perecedoiro e seguro para os viandantes.
LOUSAME> Esta pasada fin de semana celebrouse en Lousame a oitava edición da Festa do Carneiro. A cita reuniu no campo da festa do San Roquiño en Tállara a numerosas persoas que non quixeron perder a ocasión de degustar este rico manxar. Organizada pola Asociación Cultural San Roquiño en colaboración co propio concello de Lousame degustáronse unhas cincocentas racións de carneiro cociñado ó estilo caseiro, guisado con patacas redondas. Durante toda a xornada do sábado desenvolvéronse tamén numerosas actuacións musicais, con grupos de gaitas e unha discoteca móbil, que se encargaron de animar o ambiente dentro da carpa instalada para a ocasión.
NOIA> Uns tres mil cincocentos emigrantes galegos retornados de Venezuela levan preto de ano e medio sen cobrar a súa pensión. A situación política no país americano tivo como consecuencia que deixasen de percibir a súa prestación por xubilación.
LOUSAME> A empresa FCC que xestiona o Complexo Medioambiental de Tratamento de Residuos da Mancomunidade Serra do Barbanza presentou o balance anual durante o pasado ano 2016. Durante o pasado ano 2016 o Complexo Medioambiental de Tratamento de Residuos da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza conseguiu recuperar unhas oito mil toneladas de residuos inorgánicos destinadas a reciclaxe. Cifra á que hai que sumarlle tamén máis de dúas mil de orgánico. Os datos, que foron dados a coñecer esta mañá polo director da planta de Lousame, Jacobo Patiño, sitúan a este complexo coma un dos máis efectivos á hora da recuperación dos residuos en todo o ámbito nacional, chegando a reciclar ó redor do 37% do lixo que chega á planta. O director da planta que dá servizo a un total de nove concellos, entre os que se atopan Carnota, Noia, Muros, Porto do Son, Lousame, Brión, Ames, Rois e Pontecesures, aludiu tamén ós problemas existentes nos últimos meses en canto á recollida de residuos, derivados das avarías constantes nos camións. Dende FCC tamén aludiron á posibilidade da entrada de novos concellos á Mancomunidade, como é o caso de Rianxo, que dende hai tempo mostrouse favorable á súa incorporación a Serra do Barbanza, aínda que estará condicionada tamén por unha óptima prestación do servizo de recollida, algo que agora non se pode garantir ó 100%.
NOIA> Noia acollerá por segundo ano consecutivo a Gran Ruta Celta BTT. A proba, prevista para este sábado, consta dun percorrido de cento oitenta quilómetros. Polo momento, xa hai preto de trescentos inscritos.
PORTO DO SON> A quinta edición do PequeBasket chega a Porto do Son a vindeira fin de semana. Entre o tres e o catro de xuño, máis de cincocentos deportistas en idade escolar participarán neste evento deportivo que vai camiño de converterse nun clásico.
PORTO DO SON> Sete locais hostaleiros participan esta fin de semana no concurso de tapas ‘Son para Comelo’ que acada este ano a súa quinta edición.
NOIA> A Directora Xeral de Comercio visitou a praza de abastos de Noia que se vén de sumar á campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ que se celebrará ata finais de mes en máis trinta países. O obxectivo é potenciar o comercio de proximidade a través da posta en valor da súa profesionalidade.
NOIA> No ano 2015 quedou sobre a mesa a Relación de Postos de Traballo elaborada polo anterior goberno tripartito. O executivo volverá levalo a pleno a próxima semana co fin de mellorar o documento e regularizar a situación dos traballadores municipais.
HomeMostrando artigos por etiqueta: MurosNoia Top of Page

Síguenos en facebook