• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Publicado en portada
NOIA> A Garda Civil informou da detención dun veciño da localidade ó que se lle interviron unhas 800 doses de cocaína preparadas para a súa venda. O detido xa pasou a disposición xudicial, que decretou o seu ingreso inmediato en prisión.
NOIA> A asociación Noia Histórica presentou a súa tradicional feira do comercio na que se darán cita máis de trinta establecementos. A iniciativa comercial terá lugar esta fin de semana, do 7 ó 9 de marzo no pavillón municipal.
MUROS> A saída de María Xosé Alfonso como deputada provincial deixa a Muros sen representante na corporación. A edil de Compromiso por Galicia renunciou á súa acta conseguida baixo as siglas do BNG. A perda de representación do concello de Muros na corporación provincial caeu moi mal no seo do executivo muradán. A alcaldesa critica a renuncia da ata agora deputada María Xosé Alfonso que deixou o seu escano. Caridad González cualifica de incoherente a actitude de Alfonso que se ben renunciou á acta provincial non fixo o mesmo coa municipal e segue ocupando o seu escano como concelleira non adscrita. Pola contra, María Xosé Alfonso defende a súa decisión alegando que as actas de concelleiros conséguense cos votos dos cidadáns ás persoas que integran ás listas mentres que as de deputados provinciais son elixidas polos partidos políticos. Esta é a principal razón da súa renuncia, feita efectiva o pasado venres, pero non a única xa que influíron tamén motivos persoais e a propia visión de Compromiso por Galicia sobre o futuro das Deputacións. Alfonso entende ademais que a súa renuncia non vai ser prexudicial para Muros porque as administracións provinciais deben repartir equitativamente as inversións entre tódolos concellos da provincia, independentemente das localidades de procedencia dos seus deputados.
NOIA> O Museo do Mar de Noia vai camiño de converterse nun centro de referencia coa futura ampliación das súas instalacións. O colectivo xa acadou o compromiso do executivo municipal para a cesión dun local contiguo no que podería construírse un inmoble de ata tres plantas para albergar a inxente colección de fondos da asociación.
Publicado en portada
NOIA> Á falta de varios días para o remate do prazo de presentación de candidaturas, a súa é a unica presentada ata o de agora.
MUROS> O executivo de Muros dou conta da aprobación definitiva dos presupostos despois de superar o período de exposición pública. Non foi admitida ningunha alegación posto que tan só se presentaron unha serie de recomendacións por parte do Partido Popular.
PORTO DO SON> O BNG presentará novas alegacións contra a variante de Portosín no parlamento. Así llo comunicou a deputada nacionalista, Ana Pontón, a un grupo de representantes da plataforma en contra da variante cos que mantivo unha xuntanza.
Publicado en portada
NOIA> Protestan así ante o posible peche deste servizo por parte do Goberno Central.
MUROS> O concello de Muros devolverá ós funcionarios a cuarta parte da paga extra de Nadal. A intención do executivo é efectuar o pago ó longo do mes de marzo.
HomeMostrando artigos por etiqueta: MurosNoia Top of Page

Síguenos en facebook