• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
NOIA> Los Manolos e Azúcar Moreno compoñen o cartel da cuarta edición da ‘Feira’ que se celebrará entre o tres e o cinco de xuño en Noia. Este ano incrementouse a participación dos hostaleiros que montarán a súa caseta na zona de Labarta.
NOIA> O concello de Noia dá un paso máis na consecución do recoñecemento oficial do seu camiño xacobeo. O vindeiro once de xuño desenvolverase unha nova peregrinación ata a Catedral de Santiago para reivindicar o lugar histórico da vila como Portus Apostoli.
NOIA> A cita será o próximo catro de xuño coa disputa da segunda edición da BTT Gran Ruta Celta.
Publicado en DEPORTES
NOIA> O executivo noiés iniciaba hai uns días as obras de remodelación da alameda. Trátase dunha obra que xa deixou tramitada o anterior goberno municipal. Os traballos teñen coma principal finalidade a substitución do vello pavimento, cheo de gretas e fendas, por outro novo enlousado. A actuación conta cun investimento próximo ós 290 mil euros que irán con cargo o Plan de Aforro e Investimento da Deputación da Coruña. A intervención levará aparellada tamén o acondicionamento dos xardíns de Felipe de Castro, onde, ademais da mellora da zona axardinada, se instalará novo alumeado e mobiliario urbano.
PORTODOSON> O PSdeG-PSOE de Porto do Son denunciou ante a Xunta Electoral de Zona unha posible irregularidade cometida polo equipo de goberno no acto de apertura da piscina municipal celebrado o pasado domingo. A voceira desta formación política, Josefa Hermo, indicou que o acto tivo un marcado fin electoralista e, segundo ela, o alcalde, debería saber que este tipo de actos en período electoral están prohibidos, tal e como recolle a propia Lei Electoral. Ademais a socialista non entende tampouco a premura en abrir a instalación, xa que ata o mes de setembro non entrará oficialmente en funcionamento.
OUTES> O concello de Outes aproveitou a celebración do Día das Letras Galegas para render homenaxe ó seu poeta máis ilustre.
PORTO DO SON> A Xunta de Galicia aproba definitivamente o PXOM do Porto do Son, cuxa orde publica este mércores o Diario Oficial de Galicia.
NOIA> A iniciativa, que é totalmente novidosa, xa está en funcionamento a través da web www.listasderegalosnoia.com.
OUTES> A Deputación da Coruña investirá cento sesenta mil euros na humanización da travesía da Serra e de San Cosme.
Publicado en portada
NOIA> O presidente de Portos visitou o peirao de Testal onde o seu departamento acometerá diversas melloras. As obras consistirán na reparación dos pantaláns e do dique de abrigo.
BARBANZA> As comarcas do Barbanza e Muros Noia seguirán a ter un peso importante na organización do Partido Popular. Así se desprende do último congreso celebrado esta pasada fin de semana en Ourense, no que o coordinador comarcal da formación, o alcalde de Porto do Son Luis Oujo, foi elixido para formar parte dos órganos de dirección do partido coma responsable en asuntos vinculados coa actividade pesqueira. Ademais del, na Executiva rexional estarán representados a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, o senador José Luis Torres Colomer e os parlamentarios autonómicos Herminia Pouso e Ramón Santos.
HomeMostrando artigos por etiqueta: MurosNoia Top of Page

Síguenos en facebook