• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
NOIA> A Fiscalía arquivou a denuncia presentada pola anterior goberno de Noia contra Marisol Villar. Nela acusábase á tenente de alcalde de promover unha suposta caixa B ó non constar oficialmente no concello os ingresos para financiar unha viaxe a Benidorm.
NOIA> A administración de Loterías Petisco de Noia repartiu o segundo premio do Sorteo do Euromillón celebrado este martes. Polo momento, aínda non apareceu o afortunado gañador dos preto de douscentos setenta mil euros cos que a fortuna volveu sorrir a esta vila.
Publicado en portada
NOIA> Tras analizar a situación financeira das arcas municipais, o goberno de Noia denuncia a existencia de facturas pendentes sen consignar por valor dun millón oitocentos mil euros. A prioridade para o executivo será facer fronte ó pago ós provedores xa que, nalgúns casos, adebédanselle contías próximas ós trescentos mil euros.
NOIA> A proba, organizada pola escudería Berberecho, terá lugar a fin de semana do oito ó dez de abril.
Publicado en DEPORTES
NOIA> Augas de Galicia dotará a Noia dun depósito de auga con capacidade para tres mil metros cúbicos. Este foi o compromiso adquirido polo director xeral do ente autonómico na xuntanza mantida co alcalde, Santiago Freire, para abordar os problemas de turbidez da auga que rexistra o municipio.
NOIA> A formación solicita que se cubra esta praza de inmediato, para dar resposta así a importante demanda existente.
NOIA> A Conselleira de Infraestruturas mantivo un encontro co alcalde de Noia e outros membros do executivo para anunciarlles diversas melloras viarias a acometer no municipio. Entre elas, a dotación dun carril central de espera no cruce da Barquiña e a construción dunha senda peonil na travesía de Orro.
NOIA> Noia converterase esta fin de semana na sede do tenis de mesa posto que acollerá os campionatos galegos xuvenil e sénior neste deporte. Agárdase que máis dun cento de xogadores asistan á cita deportiva que se celebrará no pavillón Rosalía de Castro o sábado e domingo.
NOIA> O avanzado estado de deterioro do edificio do Casino de Noia está a afectar á aula Cemit, situada no baixo do inmoble. Os problemas de humidades e filtracións de augas obrigaron ó executivo a deseñar unha actuación de reforma que permita volver a poñer en marcha as instalacións.
NOIA> Balance inmellorable da campaña marisqueira en Noia que pechou o exercicio cunha facturación próxima ós catorce millóns de euros. Ó longo destes meses, os produtores extraeron preto de dous millóns e medio de quilos de berberecho e ameixa, cuadriplicando as capturas do ano anterior.
NOIA> Por quinto ano consecutivo, Noia Histórica ofertará visitas guiadas durante a Semana Santa. Trátase dun percorrido polos elementos patrimoniais do casco histórico da vila. As visitas son totalmente de balde polo que os interesados só teñen que presentarse antes da saída na oficina de turismo da praza do concello.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Noia Top of Page

Síguenos en facebook