• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Publicado en portada
NOIA> Protestan así ante o posible peche deste servizo por parte do Goberno Central.
Mércores, 26 Febreiro 2014 18:21

Manuel Gago presenta en Noia 'Vento e chuvia'

NOIA> O vindeiro venres, 28 de febreiro, ás nove da noite, terá lugar na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, o acto de presentación do Vento e chuvia de Manuel Gago publicado en edicións Xerais. No acto, que está organizado pola asociación cultural A Lanzadeira de Alcor, os asistentes poderán achegarse un pouco máis á obra deste autor que xira ó redor do fascinante mundo da Idade do Ferro, no que se mesturan os mitos da antiga Gallaecia.
Publicado en CULTURA
NOIA> As agrupacións do PSdeG-PSOE de Noia, Lousame e Porto do Son veñen de artellar unha campaña de defensa dos servizos públicos na comarca de Noia. Con ese obxectivo e como primeira actuación van centrar as súas accións na defensa da oficina comarcal da Seguridade Social existente en Noia que está incluida dentro da lista das oficinas que o Goberno Central contempla pechar durante o primeiro trimestre deste ano. Os socialistas alertan dos custes que esta decisión poderíam conlevar para os veciños desta comarca polo que consideran imprescindible mobilizarse e defender os servizos públicos. Por esta razón fan un chamamento a participar o vindeiro xoves, ás 12 da mañá, diante da propia oficina, nunha concentración simbólica en defensa do mantemento do dito servizo. Tamén animan ó resto de forzas políticas e sociais de Noia e da comarca para que se sumen a esta protesta e así evitar o posible desmantelamento desta oficina.
Luns, 24 Febreiro 2014 19:35

Renovación interna no seo do PP noiés

NOIA> O Partido Popular de Noia e Lousame celebrou esta fin de semana a súa cea anual coa asistencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Durante a xuntanza anunciouse a renovación no seo interno da agrupación noiesa.
NOIA> Noia Histórica fixo entrega dos premios ós establecementos gañadores do concurso ‘Vai de Tapas’ celebrado hai varias semanas.
Xoves, 13 Febreiro 2014 18:39

Novos retos para o socialismo galego

NOIA> O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro, participou nun acto político que serviu de presentación para o seu novo proxecto socialista.
NOIA> O berberecho, en tódalas formas de preparación posible, foi o protagonista das xornadas ‘Vai de tapas’ celebradas esta fin de semana en Noia.
NOIA> Na cita, que se desenvolverá a vindeira fin de semana, os días 7, 8 e 9 de febreiro, tomarán parte uns 16 locais hostaleiros.
NOIA> A praza de abastos de Noia loce xa a súa mellor cara tralas obras acometidas nas instalacións.ademais da substitución da cuberta, procedeuse á renovación do sistema de saneamento e acometéronse reformas nos aseos.
NOIA> O concello vén de convocar unha nova edición do certame literario de relato de aventuras ‘Antón Avilés de Taramancos’ que este ano chega a súa décimo terceira edición. Os interesados en participar neste concurso, organizado pola Casa da Gramática do IES Virxe do Mar, en colaboración coa Deputación da Coruña, poderán presentar as súas obras ata o 11 de abril. Con este premio preténdese promover o relato de aventuras en galego ó mesmo tempo que se homenaxea a figura de Avilés de Taramancos. As bases establecen un único gañador, que recibirá un premio de tres mil euros e unha escultura conmemorativa realizada en exclusiva polo artista Alfonso Costa, así como a publicación da obra. Nas bases recóllese tamén que as obras presentadas a concurso deberán ter unha extensión de entre 70 mil e cen mil caracteres, ser inéditas e estar escritas en galego. O fallo do xurado coñecerase o 16 de maio.
Publicado en CULTURA
Martes, 28 Xaneiro 2014 18:12

CxG pide o asfaltado da rúa Xuíz Falcone

NOIA> Os membros de Compromiso por Galicia denuncian a situación da Rúa Xuíz Falcone e a paralización das obras de construción do aparcamento previsto para a zona. Sinalan que foi no verán, cando o equipo de goberno decidiu paralizar os traballos, comprometéndose posteriormente en pleno, ante unha pregunta efectuada por esta formación, a retomalas o pasado mes de novembro. Dende CxG critican que dous meses máis tarde, a situación nesta rúa é xa critica, con numerosas pozas de auga e lama que impiden mesmo a circulación normal de vehículos por ela. O pasado tres de xaneiro representantes desta formación política presentaron por rexistro unha pregunta ó respecto do proxecto do aparcadoiro, ademais de interesarse polo estado das obras, obtendo ata o de agora a calada por resposta por pare do executivo. Dende Compromiso seguen a insistir en que non é o momento de levar a cabo un aparcadoiro que hipoteque ó concello, instando ó goberno municipal a levar a cabo unha serie de medidas puntuais que melloren dun xeito considerable esta situación. Así piden, entre outros aspectos o adecentamento do aparcadoiro da rúa Perito Don Basilio, a optimización e sinalización do aparcadoiro de Pedra Sartaña e a posterior unificación co aparcadoiro do Paseo Marítimo, para facilitar así o acceso ó estacionamento. Outra das propostas dos membros do CxG pasa porque a rúa Irmáns Labarta sexa de sentido único para aproveitar o espazo para o aparcamento, pedindo tamén que se volva a asfaltar a rúa Xuíz Falcone
HomeMostrando artigos por etiqueta: Noia Top of Page

Síguenos en facebook