• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
NOIA> O presidente de Portos visitou o peirao de Testal onde o seu departamento acometerá diversas melloras. As obras consistirán na reparación dos pantaláns e do dique de abrigo.
NOIA> Membros do executivo mantiveron en Santiago unha reunión de traballo co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, ó que lle trasladaron diversas propostas.
Publicado en portada
NOIA> As primeiras actuacións para a rexeneración da ría de Noia poderían dar comezo este verán. O alcalde mantivo unha xuntanza con responsables do Ministerio de Medio Ambiente na que se acordou colaborar con Portos de Galicia para iniciar as actuacións de dragado da ría.
NOIA> Nesta ocasión o Certificado de Calidade que outorga anualmente a Asociación da Industria da Curtametraxe.
NOIa> A Marea de Noia propón un cambio nos Estatutos da Mancomunidade Serra do Barbanza co fin de adaptalos á nova realidade política dos Concellos. Dende a formación presentouse xa unha solicitude á actual presidenta da entidade, a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, para que se leve a cabo unha modificación dos estatutos. A súa intención pasa por manter tamén reunións con responsables doutros concellos que integran Serra do Barbanza para transmitirlle esta proposta, e así conseguir que tódolos partidos estean representados na asemblea da Mancomunidade.
NOIA> Tenso pleno o vivido a pasada noite en Noia. Os edís da oposición abandonaron a sesión no debate da ordenanza do aparcadoiro de Xuíz Falcone despois de que o alcalde lles negara unha segunda quenda de intervencións.
NOIA> Cheo total no día grande das Festas de San Marcos que celebrou a súa tradicional feira cabalar. O bo tempo animou a miles de afeccionados ó mundo ecuestre que se deron cita en San Lázaro para asistir ós concursos de pura raza e de cabalos cruzados así como ós numerosos espectáculos e exhibicións de doma que se desenvolveron durante toda a xornada.
NOIA> O concello de Noia estuda habilitar unha sala museo no edificio do Casino para que os artistas locais dispoñan dun local onde expoñer. O obxectivo é dar un paso máis na dinamización cultural do municipio.
NOIA> O pavillón Alonso Rodríguez de Noia acollerá este próximo domingo a primeira velada de boxeo ‘Vila de Noia’. A competición arrancará ás nove da noite e incluirá combates profesionais e amateurs en distintos pesos e categorías. Sen dúbida un dos pratos fortes da velada será o combate do campión de España, Maikel García, que se enfrontará ó ruso, Evgany Bumar. A velada, organizada polo Club de Loita Noia, conta coa colaboración do concello noiés, e tamén de numerosas casas comerciais.
Publicado en DEPORTES
NOIA> A través dunha moción reclamaranlle ó equipo de goberno a realización dunha investigación para determinar as posibles causas do problema.
NOIA> A competición, que será valedeira para o Circuíto Galego de Promoción 2016, desenvolverase no pavillón Rosalía de Castro o próximo un de maio.
Publicado en DEPORTES
HomeMostrando artigos por etiqueta: Noia Top of Page

Síguenos en facebook