• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
NOIA> Dende o pósito noiés confían en que a situación mellore nos próximos días e poida iniciarse canto antes a actividade.
Xoves, 03 Novembro 2016 19:18

Noia volve tinguirse de negro este sábado

NOIA> 40 tendas, abertas ata ás dez da noite, con descontos do 20 por cento, e doces para degustar mentres eliximos a nosa compra. É a proposta que este ano nos ofrece o “´Sábado Negro” da Asociación de Empresarios Noia Histórica.
NOIA> A residencia Xeriatros de Noia ten entre os seus usuarios un gran artista. José Segade é a mostra de que o talento non entende de idades. Hoxe inaugurouse unha exposición na que o pintor amosa 25 das súas obras, réplicas dalgúns dos cadros máis relevantes da pintura mundial.
NOIA> O festival desenvolverase do 21 ó 30 de outubro, e como vén sendo habitual nos últimos anos, contará coa presenza de destacados actores e directores do mundo do cinema.
NOIA> Decepción entre os mariscadores de Noia tralos baixos prezos acadados en poxa no seu primeiro día de campaña. O berberecho de primeira pagouse por debaixo dos once euros e o de segunda non pasou dos cinco.
NOIA> Satisfacción esta mañá entre os mariscadores de Noia, o paraíso do berberecho, trala apertura da campaña extractiva nesta ría. Os mariscadores de a flote conseguiron sen dificultade capturar os topes permitidos nesta primeira xornada, non tiveron a mesma sorte os de a pe.
NOIA> O concelleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, anunciou a convocatoria, nos próximos días, de 5 novas prazas para persoas con discapacidade na comarca do Barbanza. Fíxoo durante a súa visita ás novas instalacións da Asociación Misela en Noia.
NOIA> O presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, visitou as obras que se están a realizar nos pantaláns do Porto de Testal, no concello de Noia. En total, a Consellería do Mar destinará á mellora das instalacións portuarias do municipio máis de 100.000 euros.
NOIA> O executivo noiés decidiu intensificar nas últimas semanas o control dos vehículos na zona.
NOIA> A solidariedade deixará centos de pegadas polas rúas do concello de Noia este sábado. Serán as dos participantes na Carreira Benéfica que organiza o municipio coa colaboración do Banco Santander e a Cruz Vermella.
NOIA> As actuacións serán realizadas este verán na maioría dos centros educativos do municipio.
NOIA> A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, iniciou hai uns días as obras de construción dunha senda peonil na zona de Orro, no concello de Noia. A actuación, que conta cun orzamento de máis de 47 mil euros, suporá unha mellora importante da seguridade viaria na zona comprendida entre a rotonda de enlace coa variante Brión-Noia, nas proximidades da ponte de Ceilán, e o núcleo de Orro, xa que non existía un espazo diferenciado para o tránsito de peóns. As obras terán un prazo de execución dun mes.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Noia Top of Page

Síguenos en facebook