• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POBRA> Un novo acto vandálico no paseo das Xunqueiras da Pobra saldouse coa destrución do observatorio de aves na zona.
POBRA> O PP da Pobra denuncia que as praias do municipio carecen de servizo de socorrismo. A mediados de xullo aínda non se ten convocado o proceso de selección dos profesionais polo que os populares estiman que, alomenos ata agosto, non haberá vixilancia nos areais.
POBRA> Os nacionalistas solicítanlle ó goberno de Nós Pobra que se executen os acordos plenarios aprobados o pasado ano de cara á posta en valor deste espazo natural. O pasado ano por estas datas o BNG presentaba unha moción ó pleno a través da cal reclamaba a recuperación e posta en valor do espazo natural da praia da Corna. Daquela a proposta saira adiante, pero, a pesar diso, a día de hoxe, os acordos seguen sen materializarse. Para os nacionalistas o grupo de goberno debería iniciar dunha vez por todas e de forma inmediata os traballos necesarios para protexer e revalorizar este espazo natural de gran valor paisaxístico e medioambiental, para evitar así a súa degradación, principalmente pola afluencia descontrolada de numerosas persoas na temporada estival.
POBRA> O BNG da Pobra amosou o seu rexeitamento á nova ampliación da Tomada que propón o Partido Popular. Os nacionalistas critican ó goberno de Nós Pobra por permitir que o proxecto saia adiante coa súa abstención.
POBRA> Novidades no caso Diana Quer. A Garda Civil conseguiu desbloquear o teléfono da moza. A operación foi levada a cabo por unha empresa israelí nun laboratorio en Alemaña. Os investigadores agardan extraer información relevante que permita arroxar luz sobre a desaparición.
POBRA> Como en anos anteriores a programación para os meses de xullo e agosto irá destinada a satisfacer os gustos tanto de pequenos coma de maiores. Co gallo de dinamizar a oferta lúdica na Pobra de cara o verán, a concellería de Cultura deseñou un amplo e variado programa de actividades para os meses de xullo e agosto que van dende a música, ós obradoiros, pasando polo baile ou o teatro. Segundo explicou a propia edil, Genoveva Hermo, as actividades irán destinadas a todo tipo de públicos, tanto pequenos coma maiores Na organización dalgunha destas actividades o Concello conta coa colaboración doutras Administracións, como é o caso da Xunta de Galicia dentro do programa ‘Cultura no camiño’ ou a Deputación da Coruña a través dos seus circuitos culturais como é o caso do Cine na Rúa.
POBRA> Uns quince membros da BRILAT, entre os que se atopaba o Tenente Coronel Carlos Aurelio Miragalla Prieto, realizaron esta mañá unha visita ó Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. A actividade, promovida pola empresa Palmira Scuba, formaba parte dun premio, ó resultar a patrulla gañadora da 16 edición do concurso de adestramento de patrullas militares ‘Challenger Ruta Tui–Santiago 2017’, na que percorreu os 120 quilómetros do Camiño Portugués de Peregrinación entre estas dúas cidades en tan só 20 horas. Na visita os membros da Brilat estiveron acompañados polo propio director do museo, Antonio González Millán, que foi o encargado de explicarlles as singularidades do edificio, declarado Monumento Nacional de carácter Histórico e Artístico, así como ensinarlles tamén a importante riqueza da colección patrimonial que reúne, vinculada a un dos nosos escritores máis recoñecidos, como é Ramón María del Valle-Inclán.
POBRA> Entre as actividades ofertadas destaca o obradoiro de conciliación ‘Móvete’, destinado a nenos dos tres ós doce anos. O programa deseñado polo departamento de Deportes pobrense para este verán inclúe actividades do máis variado, dirixidas a tódalas idades, dende os máis pequenos ata os adultos, desenvolvéndose nas instalacións deportivas municipais, na praia de Cabío ou noutras zonas do entorno natural do Concello. Como en anos anteriores a programación estará dividida en varios apartados: escolas deportivas de clubs, actividades para adultos, actividades no mar e na praia ou competicións deportivas nas que se incluirán o torneo de fútbol praia 3x3, o torneo de xadrez, a regata de traíñas bandeira Concello da Pobra ou a milla urbana nocturna, entre outras. A maiores tamén se ofertarán os obradoiros de conciliación ‘Móvete’, destinados a nenos dos tres ós doce anos. Dende o Concello animan a participar nas actividades. Para máis información os interesados poden dirixirse ó Departamento de Deportes pobrense cuxas oficinas atópanse ubicadas na casa de Cultura Raquel Fernández Soler
POBRA> O concello da Pobra acometerá melloras na depuradora para reducir a entrada de auga salgada na rede de saneamento. A salinidade altera o proceso biolóxico de depuración provocando o vertido á ría de augas de inferior calidade.
POBRA> O concello da Pobra intensificará os controis sobre os vertidos no polígono da Tomada. Pretenden instalar tomas de mostras nas propias empresas para identificar ás infractoras e poder sancionalas.
POBRA> Cento cincuenta profesionais da odontoloxía daranse cita esta fin de semana na Pobra para participar na undécima edición do Congreso sobre Implantes Dentais. Como cada ano, a cita contará con destacados poñentes a nivel nacional e internacional.
POBRA> O concello da Pobra chegou a un acordo coa Consellería de Educación para realizar unha serie de melloras nos centros educativos do municipio. Se ben, a administración local realizará un importante esforzo nos centros de primaria, a Xunta comprometeuse a incrementar a partida destinada ó instituto.
Páxina 1 de 40
HomeMostrando artigos por etiqueta: Pobra do Caramiñal Top of Page

Síguenos en facebook