• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POBRA> Este mes cúmprense trinta anos dende que o Museo Valle-Inclán da Pobra. Para celebralo, inaugurarase unha exposición coas láminas realizadas por Héitor Picallo sobre os gravados da Torre de Bermúdez. As obras están recollidas tamén nun ensaio sobre a historia deste emblemático elemento patrimonial.
POBRA> A Garda Civil procedeu á detención do Nigeria, un delincuente habitual da Pobra. O home permaneceu atrincheirado durante catro horas nunha vivenda no centro da vila, rodeada por efectivos da Garda Civil e a Policía Local. Finalmente, entregouse de xeito voluntario.
POBRA> O executivo pobrense estuda a revisión do contrato con Urbaser, empresa encargada do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria. Dende o Concello apuntan a unha serie de incumprimentos do contrato por parte da firma que son prexudiciais para os intereses municipais.
POBRA> O BNG da Pobra levará a pleno unha pregunta sobre o futuro da piscina municipal. Critican a falla de xestión do goberno municipal por non ter buscado unha alternativa ante o inminente fin da prórroga do contrato coa actual adxudicataria.
POBRA> O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo un encontro de traballo con membros da directiva da asociación de empresarios do parque empresarial da Tomada na Pobra. A finalidade da xuntanza non era outra que interesarse polas súas principais demandas e anunciarlles diversas actuacións de mellora que vai realizar a Xunta neste polígono industrail.
POBRA> O BNG da Pobra demanda a solicitude dun obradoiro de emprego xuvenil enfocado ó sector do mar para o municipio. Esta moción, que se debaterá no pleno deste xoves, supón un paso máis nas políticas de promoción do emprego para a mocidade que está a desenvolver a formación nacionalista.
POBRA> O novo espazo complementará as necesidades dos usuarios no horario no que a biblioteca estea pechada.
Mércores, 19 Abril 2017 20:03

Oleada de roubos na Pobra esta madrugada

POBRA> A situación xa puxo en estado de alerta a numerosos comerciantes e hostaleiros da vila que reclaman maiores medidas de vixilancia.
POBRA> Saen así ó paso das denuncias realizadas por varios pais de usuarios que tiveron que deixar de acudir ó centro ó comunicárselle que tiñan preferencia os nenos menores de seis anos.
POBRA> O vial foi obxecto dunha mellora recentemente que supuxo a súa ampliación.
POBRA> O informe do secretario municipal da Pobra establece a necesidade de contar con dous terzos dos votos da corporación para o outorgamento de honras e distincións. Así o especifica o regulamento do concello aprobado en 1996.
POBRA> A confraría da Pobra demanda unha serie de melloras nas instalacións portuarias. Unhas encamiñadas a dotar o peirao de máis seguridade contra os roubos e as outras para facilitar o traballo dos profesionais.

Final Copa Diputación

HomeMostrando artigos por etiqueta: Pobra do Caramiñal Top of Page

Síguenos en facebook