• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POBRA> Considera importante que o Concello desenvolva estes actos durante este mes de febreiro, cando se cumpren 180 anos do seu nacemento.
POBRA> A volta das chuvias trouxeron consigo tamén os primeiros accidentes. Este mediodía, ó redor das dúas da tarde, producíase unha espectacular saída de vía na autovía do Barbanza, á altura da Pobra do Caramiñal. Por causas descoñecidas, un turismo que circulaba en dirección a Ribeira saíuse da vía, dando varias voltas ata quedar volcado enriba do arcén. Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais. O condutor, e único ocupante do vehículo, puido saír polo seu propio pé, presentando feridas leves e aparentemente de escasa consideración. Ata o lugar do accidente achegáronse diferentes equipos de emerxencias, entre eles Protección Civil da Pobra e Garda Civil, así como unha ambulancia que trasladou o ‘afortunado’ condutor ata o centro hospitalario.
POBRA> Segundo os nacionalistas a firma non está a dar os mínimos esixidos que aparecían no prego de condicións.
POBRA> Está acusado dunha presunta estafa, falsidade documental e apropiación indebida polo que a fiscalía pide para el un total de doce anos de cárcere.
POBRA> Na actualidade hai xa seis familias que se benefician destas axudas e tres expedientes máis en fase de tramitación.
Barbanza> A reserva sobre as actuacións que se están a realizar será ampliada ata o próximo 16 de febreiro.
POBRA> O buque en cuestión, o Montelape, con bandeira da república de El Salvador, arribou ó peirao pobrense procedente de Abiyán, en Costa de Marfil. A Policía Nacional, corpo encargado dos asuntos de emigración na comarca, axudada pola Garda Civil, encárganse agora da investigación coa finalidade de esclarecer todo o acontecido. As primeiras hipóteses apuntan a que o home, cuxo corpo sen vida foi atopado esta mañá xunto á caixa de cadeas do barco, puido morrer a consecuencia dunha hipotermia, despois dunha longa viaxe dende as costas africanas. Ó levantamento do cadáver producíase ó mediodía para ser trasladalo posteriormente a Santiago, onde estaba previsto realizarlle a autopsia.
POBRA> A actividade, organizada polo Centro Comercial Aberto O Deán, en colaboración co concello, desenvolverase durante toda a fin de semana nunha carpa instalada para a ocasión na praza Alcalde Segundo Durán.
POBRA> Ó redor dunhas novecentas persoas participaron este mediodía no tradicional xantar para a terceira idade do concello da Pobra do Caramiñal. A comida, organizada polo departamento de Servizos Sociais, desenvolveuse como vén sendo costume no pavillón polideportivo de Venecia. Ademais do alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e demais membros da corporación local, entre os comensais, atopábanse tamén representantes doutros concellos da comarca. Tralo xantar, houbo tamén actuación musical. Neste caso da cantante local Mar que se encargou de amenizar a sobremesa a tódolos asistentes. Dende o concello pobrense quixo agradecerse tamén a colaboración de diversas empresas da zona que fixeron posible a celebración desta festa dos maiores.
POBRA> O alcalde negou ter coñecemento da irregularidade ata o pasado mes de setembro, momento no que procedeu á contratación dunha nova póliza.
POBRA> A formación nacionalista mostrou o seu rexeitamento a este proxecto, ó entender que se trata dunha actuación moi prexudicial para a comarca do Barbanza.
BARBANZA> O balance da primeira xornada non é de todo satisfactorio para a maioría dos mariscadores, ó temer que o marisco existente non dea para aguantar toda a campaña.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Pobra do Caramiñal Top of Page

Síguenos en facebook