• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Mércores, 05 Febreiro 2014 18:44

Esta fin de semana dá inicio a tempada de bateis

POBRA> A regata terá lugar na Pobra do Caramiñal, baixo a organización do Club de Remo Puebla, e nela tomarán parte distintos clubs da zona.
Publicado en DEPORTES
POBRA> O presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, Isaac Maceiras, participou no acto de clausura do curso de traballos forestais e conservación do medio natural desenvolvido pola Axencia de Emprego da entidade nos últimos meses.
POBRA> Mentres a construción da futura gasolineira do porto da Pobra segue a ser motivo de confrontación, dende a confraría de pescadores mantéñense á marxe da polémica.
Luns, 03 Febreiro 2014 18:22

Vinte e un días falando galego

POBRA> O IES da Pobra volve poñer en marcha por segundo ano a súa campaña de fomento do uso do galego. Baixo o título ‘Vinte e un días co galego’ desenvolveranse diversas actividades que implican non só ós escolares, senón tamén profesores, pais e axentes sociais de todo o concello.
A POBRA> A facturación global de Congalsa ó longo de 2013 ascendeu a máis de setenta millóns de euros cunha venda de máis de vinte e oito mil quilos de produto. Estas cifras seguen a situar á empresa, especializada na elaboración de produtos precociñados ultraconxelados a base de pescado e marisco, entre as mellores posicionadas do sector. Os resultados do pasado exercicio serán presentados mañá na reunión anual cos traballadores na que o equipo directivo dará tamén a coñecer os obxectivos e retos para o presente ano. Trátase dunha xuntanza enmarcada na potenciación das políticas de comunicación interna que promove a compañía. Congalsa considera ós seus máis de trescentos traballadores o activo máis importante da empresa polo que prioriza o emprego estable, a seguridade laboral e a promoción interna a través da formación continua.
Páxina 39 de 39
HomeMostrando artigos por etiqueta: Pobra do Caramiñal Top of Page

Síguenos en facebook