• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POBRA> Unha reportaxe sobre o caso Diana Quer no programa “En el punto de mira”, presentaban á localidade como a capital española do narcotráfico e como un concello con alta taxa de criminalidade.
POBRA> A Pobra do Caramiñal volverá a ser etapa esta ano da 53 edición da Regata Ribeiro-Rías de Galicia. A flota desta proba, que pasa por ser unha das máis senlleiras de todo o ámbito nacional, chegará ó porto deportivo pobrense o sábado 13 de agosto pola tarde procedente de Sanxenxo.
POBRA> A dársena pobrense será escenario este próximo sábado da undécima edición da Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal, enmarcada no calendario de regatas da Liga Galega de Traíñas A proba arrancará ás seis da tarde.
POBRA> O BNG da Pobra do Caramiñal proponlle ó equipo de goberno levar adiante unha campaña de dinamización da lectura e a adaptación do horario da biblioteca municipal. Dende a formación nacionalista pídese tamén a ampliación do seu horario e a busca dun novo local máis acaído as necesidades actuais.
POBRA> Este xovesas rúas da Pobra do Caramiñal convertéronse en escenario das obras de Ramón María del Valle-Inclán. Co gallo do 150 aniversario do nacemento do ilustre dramaturgo e veciño, a Fundación e o Museo que levan o seu nome ofrecen diversas actividades ao longo destes dous meses.
POBRA> Decenas de veciños da Pobra concentráronse ás portas do seu centro de saúde. Convocados polo goberno municipal, o motivo da protesta era, unha vez máis, a denuncia da ausencia de servizo de pediatría no concello durante as vacacións de verán do único profesional do centro.
POBRA> Recollen o malestar destes traballadores que reclaman que a súa categoría profesional sexa recoñecida dentro das actividades propias da descarga para os efectos da aplicación dos coeficientes redutores.
POBRA> Segundo os populares é o único concello da zona que carece a estas alturas do verán de socorristas nos areais.
POBRA> Os cativos da Pobra de Caramiñal, durante este mes de xullo, non contarán con servizo de pediatría no seu Centro de Saúde. O BNG do concello pedíu que se cubran no verán as ausencias do actual e único pediatra do centro.
POBRA> O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, comprobou na Pobra do Caramiñal os resultados das obras realizadas nos últimos meses para a instalación do novo sistema de peche no peirao comercial. A actuación, que supuxo un investimento duns 240 mil euros, permitirá dar cumprimento ó código de seguridade internacional, coñecido coma PBIP.
POBRA> O grupo está formado por unhas dezaoito persoas que traballan arreo para que a vila non perda unha das súas celebracións máis emblemáticas.
POBRA> Por décimo ano consecutivo a vila acollerá o seminario ‘Os implantes dentais: unha solución para os seus pacientes’ que organiza a clínica Gonzalo López Castro.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Pobra do Caramiñal Top of Page

Síguenos en facebook