• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POBRA> Entre outras medidas os nacionalistas piden o reforzo da sinalización co fin de evitar accidentes.
POBRA> A confraría da Pobra aposta por centralizar as vendas para lograr unha maior rendibilidade. Na actualidade, xa están a subhastar os seus produtos no lonxa de Ribeira, con moi bos resultados.
POBRA> O executivo local xa iniciou os contactos cos propietarios da maior parte do terreo onde podería ir emprazado o novo dispensario.
Publicado en portada
POBRA> Goberno e oposición traballan no deseño dos orzamentos da Pobra para o presente exercicio. Este xoves tivo lugar a segunda xuntanza para presentar propostas á que non puido asistir o voceiro do PP por problemas de axenda.
POBRA> O Xefe da Demarcación de Costas en Galicia supervisou as obras de mellora que se están a acometer na depuradora da Pobra. Durante a súa visita tamén se abordaron outros proxectos necesarios para o municipio como a adecuación da explanada da antiga fábrica de La Onza de Oro ou os novos usos para a restauración das naves industriais dos Areos.
POBRA> O departamento de Cultura da Pobra deseñou un completo programa para celebrar o mes das Letras. Boa parte das actividades están orientadas ós nenos, co obxectivo de fomentar a lectura e dinamizar a lingua entre os máis cativos. Haberá tamén numerosos espectáculos dirixidos a un público máis amplo.
POBRA> Ó redor de cincocentas motos daranse cita na cuarta edición da concentración ‘Sin Frenos’ que terá lugar na Pobra entre o catorce e o quince de maio. Ademais das rutas pola comarca e exhibicións da escola de pilotos KSB Sport, desenvolveranse outras actividades máis festivas como un concerto a cargo de ‘Los Bugis’.
POBRA> O campionato celebrarase o próximo 17 de maio e estará organizado pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.
Publicado en DEPORTES
POBRA> A proba, que forma parte do circuíto de carreiras de montaña a nivel galego, disputarase o domingo 8 de maio.
Publicado en DEPORTES
POBRA> O executivo pobrense levará ó próximo pleno a proposta de establecer uns prezos públicos para as visitas guiadas de carácter cultural ou deportivo. Deste xeito, pretende consolidar unha oferta turística a demanda dos visitantes, con apenas custo para as arcas municipais.
BARBANZA> O director xeral de Emerxencias visitou varias agrupacións de Protección Civil da comarca para coñecer de primeira man as necesidades destes colectivos. Luís Menor comprometeuse a estudar as demandas máis urxentes como a dotación dunha embarcación para Ribeira ou un remolque para a Pobra.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Pobra do Caramiñal Top of Page

Síguenos en facebook