• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
PORTO DO SON> O Concello de Porto do Son recibirá do Plan Único da Deputación preto de 866.000 euros. O BNG da localidade pediu hoxe que estes cartos se destinen a manter o mobiliario municipal que se atopa nun estado de precariedade. Ademáis, os nacionalistas criticaron o reparto inxusto que se facía das aportacións cando o Partido Popular estaba na Deputación.
PORTO DO SON> O suceso tiña lugar ó redor das seis da tarde na estrada AC-550, no cruce existente a carón da igrexa parroquial. Consternación no Son polo falecemento dun matrimonioda localidade, María Manuela Ventoso Fernández, de 71 anos, e Manuel Martínez Martínez, de 89. O suceso producíase ó redor das seis da tarde na estrada AC-550, no cruce existente a carón da igrexa parroquial. Un camión de reparto de bombonas de butano, que circulaba en dirección a Noia, colidiu contra o vehículo no que viaxaba o matrimonio, que trataba de incorporarse á vía principal dende un ramal existente. O condutor do camión intentou, sen éxito, esquivar ó vehículo, e na manobra, acabou chocando tamén contra outro turismo que circulaba polo carril contrario. Xunto ó matrimonio falecido viaxaba tamén a súa neta, de dezasete anos, que resultou ferida de gravidade nun brazo, polo que tivo que ser trasladada a un centro hospitalario, aínda que a súa vida non corre perigo. Os outros ocupantes dos vehículos implicados na colisión, tanto o do camión coma o do outro turismo, non precisaron asistencia médica. Ata o lugar do suceso trasladáronse numerosos efectivos de emerxencias, entre eles do Parque Comarcal de Bombeiros, Protección Civil e Policía Local do Son, así como tamén Garda Civil de Tráfico e varias ambulancias do 061.      
PORTO DO SON> Os núcleos urbanos de Porto do Son e Portosin contan cun novo Plan Director de Mellora da Accesibilidade Universal. Elaborado por un equipo técnico de Cogami, esta mañá foi presentado pola Directora Xeral de Persoas con Discapacidade. 
PORTO DO SON> A Xunta de Galicia, a través da súa área de Educación, vén de investir un total de preto de 200.000 euros en distintos centros escolares do concello de Porto do Son. Esta mañá o Delegado Territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou algunhas das melloras realizadas. 
PORTO DO SON> nO ACCIDENTE resultaron feridas leves dúas persoas. Os dous condutores dos turismos. Sen que ningún dos ocupantes do autocar sufrira danos. A colisión tiña lugar ó redor das once desta mañá, na estrada AC-550, á altura da capela de Caamaño. Ata o lugar do suceso trasladáronse efectivos da Policía Local e Protección Civil de Porto do Son, así como unha dotación da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061, que se encargou de trasladar ós feridos ata o centro hospitalario. A consecuencia do choque, mentres se realizaron os labores de retirada dos vehículos e a limpeza da vía, a estrada permaneceu parcialmente pechada, sendo regulado o tráfico por un dos carris.
PORTO DO SON> Parte do equipamento adquirido foi posible grazas ás axudas concedidas a través do Fondo de Compensación Ambiental, o coñecido coma ‘canon eólico’.
Mércores, 09 Novembro 2016 19:13

Martín Fiz correrá a Sin-Son 10k 2016

PORTO DO SON> Á falla aínda de máis dun mes para a súa celebración, terá lugar o 18 de decembro, o ritmo de inscricións na Sin-Son 10K é moi alto, chegando nestes momentos ós 559 participantes. Dende a organización agardan poder chegar a un número semellante ó da edición do ano pasado, na que se deron cita uns 2.800 corredores. O que si xa está confirmado é a presenza na proba de Martín Fiz. Un dos maratonianos españois máis laureados de tódolos tempos. Campión do Mundo e tamén de Europa na década dos 90 nesta especialidade. Será un dos atractivos desta carreira que xa se está a converter nunha das probas consolidadas no calendario galego da especialidade.
PORTO DO SON> A carreira, que foi presentada oficialmente esta mañá, terá lugar o próximo 18 de decembro.
RIBEIRA> O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, supervisou esta mañá, acompañados dos alcaldes de Ribeira e Porto do Son, as obras levadas a cabo entre estes dous municipios para a mellora do vial entre Novás e Oleiros, que une as dúas localidades barbanzás.
PORTO DO SON> Reparar os camiños, retirar a madeira queimada ou accións rexenerativas como o 'helimulching' son algunhas das actuacións que se están a realizar.
PORTO DO SON> Un total de 110 postos conformarán este ano a Feira Celta de Porto do Son. A cita, xa consolidada no calendario festivo da comarca, terá lugar a seguinte fin de semana, do 29 ó 31 de xullo. A organización, nesta quinta edición, corre a cargo da empresa especializada Balconet, firma que xa se encargou da realizada o ano pasado.
PORTO DO SON> Os nenos e nenas que asisten este verán ao Campamento municipal de Porto do Son viviron en primeira persoa como se traballa nun servizo de Vixianza Aduaneira. O obxectivo desta actividade, englobada nesta edición do campamento sonense “Movida Urbana, é que os pequenos se familiaricen coas forzas de seguridade e que as vexan como algo próximo a eles.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook