09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
PORTO DO SON> Rematadas as obras no castro de Baroña que permitiron escavar a muralla primixenia, o concello seguirá a buscar financiamento para avanzar na posta en valor do xacemento. Pretenden converter este ben patrimonial no principal dinamizador turístico da comarca.
PORTO DO SON> Os malos resultados electorais colleitados polo Bloque Nacionalista Galego en Porto do Son cobráronse a primeira das vítimas.
PORTODOSON> A ADEAC, entidade que outorga este distintivo, considera que estes dous areais non cumpren este ano os requisitos esixidos.
PORTODOSON> A Deputación da Coruña seguirá apostando pola promoción do castro de Baroña como un dos elementos máis singulares do patrimonio arqueolóxico galego. No pleno provincial celebrado esta mañá aprobouse a renovación do convenio, por valor de vinte mil euros, para o desenvolvemento das actividades do centro de interpretación do castro. Entre elas, destacan as visitas guiadas ó xacemento e ós petroglifos do municipio así como as xornadas de interpretación que se celebran anualmente. Esta achega sufraga o sesenta e seis por cento do programa. O concello deberá completar o orzamento total que supera os trinta mil euros.
PORTO DO SON> ACERGA valora positivamente o acordo sobre os topes de xurelo ratificado onte aínda que advirte que tan só se trata dun primeiro paso. Seguirán a manter xuntanzas coa Consellería para conseguir outras das súas reivindicacións como a unificación das zonas Oitava C e Novena A ou a apertura inmediata do bocarte.
PORTO DO SON> O acto terá lugar no pavillón polideportivo municipal Santa Irene a partir das cinco da tarde.
Publicado en DEPORTES
PORTO DO SON> O campionato, que está organizado polo club local, o Porto do Son CF, en colaboración co propio concello, disputarase no estadio municipal Emilio García.
Publicado en DEPORTES
PORTO DO SON> A ex concelleira do Partido Popular, Asunción Torres, presentou a nova formación política coa que aspirará á alcaldía de Porto do Son. Baixo as siglas de Portodos, a actual edil integrada no grupo mixto, propón un programa baseado no emprego, a educación e os servizos sociais.
PORTO DO SON> No acto de presentación dos populares sonenses tomaron parte tamén destacados membros do partido como é o caso dos secretarios provincial e autonómico do PPdeG, Diego Calvo e Alfonso Rueda, respectivamente.
PORTO DO SON> O BNG de Porto do Son volveu votar en contrada modificación de crédito para o acondicionamento da contorna da gardería. Alegan, os nacionalistas, que non están en contra da actuación pero propoñen un proxecto alternativo que integre novas disciplinas educativas no entorno da escola infantil.
PORTO DO SON> Como cada un de maio, o concello de Porto do Son celebrará o seu tradicional xantar para a terceira idade. Os interesados poden reservar a súa praza xa no departamento de servizos sociais do concello.
BARBANZA> A Consellería de Traballo concedeu dous obradoiros de emprego ás comarcas do Barbanza e Muros Noia. En total destinaranse máis de trescentos cincuenta mil euros para a segunda fase do ‘Tahume’ desenvolvido polos concellos de Ribeira e Porto do Son e a posta en marcha do taller ‘Outes Rural’.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook