• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
PORTO DO SON> Xunto ó seu compañeiro Diego Botín serán os representantes españois na clase 49er.
Publicado en DEPORTES
PORTODOSON> O PSdeG-PSOE de Porto do Son denunciou ante a Xunta Electoral de Zona unha posible irregularidade cometida polo equipo de goberno no acto de apertura da piscina municipal celebrado o pasado domingo. A voceira desta formación política, Josefa Hermo, indicou que o acto tivo un marcado fin electoralista e, segundo ela, o alcalde, debería saber que este tipo de actos en período electoral están prohibidos, tal e como recolle a propia Lei Electoral. Ademais a socialista non entende tampouco a premura en abrir a instalación, xa que ata o mes de setembro non entrará oficialmente en funcionamento.
PORTO DO SON> A Xunta de Galicia aproba definitivamente o PXOM do Porto do Son, cuxa orde publica este mércores o Diario Oficial de Galicia.
PORTO DO SON> O castro de Baroña contará este verán con visitas guiadas. Así o decidiu o concello de Porto do Son en vista do potencial turístico deste xacemento que recibe máis de cento vinte mil visitas anuais.
PORTO DO SON> A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas vén de iniciar as obras de reconstrución dun muro na estrada AC-550 ó seu paso polo concello de Porto do Son, xunto á praia da Arnela. A actuación, cun orzamento de preto dos douscentos mil euros, ten coma principal finalidade mellorar a seguridade na zona, proporcionando unha rede máis cómoda e segura. As obras serán realizadas pola empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. e terán unha duración duns cinco meses, aproximadamente. Para a construción do novo muro será necesario tamén sanear o terreo actual e derrubar un carril completo, polo que o tráfico na zona estará regulado de xeito alternativo.
PORTO DO SON> O novo planeamento substituirá as vellas normas subsidiarias vixentes dende hai máis de dúas décadas.
PORTO DO SON> As catro escolas de surf de Porto do Son decidiron unirse nunha única entidade para poder asumir as cotas esixidas por Costas para o uso das praias. Finalmente tan só terán que aboar o canon de douscentos euros durante os meses de xullo e agosto, e non por todo un semestre como pretendía o organismo dependente de Medio Ambiente.
PORTO DO SON> Porto do Son acolle esta fin de semana a terceira edición do concurso de tapas ‘Son para Comelo’. Nove establecementos participarán no certame que repartirá máis de douscentos euros entre os consumidores.
PORTO DO SON> A axuda do concello, uns dez mil euros, permitiralle a este mozo regatista poder seguir competindo coa elite da vela a nivel mundial.
Publicado en DEPORTES
Publicado en portada
PORTO DO SON> O concello de Porto do Son estuda a reforma integral da súa casa consistorial. O actual inmoble presenta numerosos problemas de espazo para albergar as dependencias municipais. Os servizos técnicos apostan polo derrube do edificio para construír un novo, adaptado á súa contorna.
PORTO DO SON> O País Vasco cedeu cento vinte toneladas de xarda á flota galega de artes varias que viña sufrindo as consecuencias do precipitado peche da campaña. Deste xeito, a partir de mañá poderá retomar as capturas accidentais desta especie.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook