• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
PORTO DO SON> Porto do Son acometerá obras por valor de setecentos mil euros nos próximos dous meses. Ademais da mellora da contorna da casa consistorial e da escola infantil, realizaranse diversas actuacións en materia de seguridade viaria.
Publicado en portada
PORTO DO SON> A escaseza de cota de xarda con que conta o cerco galego fai que se estean a sobreexplotar outros recursos como a anchoa. Dende ACERGA, xa teñen presentado unha denuncia ante o Tribunal Europeo contra o principio de estabilidade relativa co fin de conseguir un maior reparto de cotas para a flota galega.
PORTO DO SON> Detido un veciño de Porto do Son nunha operación antidroga tras interceptarse un cargamento de preto de oito toneladas de haxís a bordo dun barco ó sur de Cartagena.
PORTO DO SON> O Club Náutico de Portosín vén de incorporarse á rede europea de portos deportivos ‘Pasaporte por Escalas’, sumándose así ós quince náuticos galegos que xa forman parte da mesma.
PORTO DO SON> En Porto do Son está todo preparado para acoller as grandes celebracións da Semana Santa. Este ano participará en varios actos o canónigo da Catedral de Santiago, José Fernández Lago, quen foi o encargado de abrir o programa. Trala solemne apertura, a confraría ten programadas un total de once procesións que comezarán o venres coa saída da Virxe das Dores dando paso á Bendición de Ramos do domingo. O martes santo terá lugar o Vía Crucis que percorrerá varios puntos do casco urbano da vila. O Ecce Homo e a Hora Santa constitúen os actos máis destacados do xoves. O venres terá lugar a recreación do Santo encontro; acontinuación o Desencravo, o Santo Enterro e a Soedade. A Vixilia Pascual do sábado dará paso ó Domingo de Resurrección. Porto do Son estreará esta Semana Santa o estandarte de Jesús Glorioso na procesión do domingo, cinco anos depois de incorporar esta figura como broche de ouro das celebracións relixiosas.
PORTO DO SON> O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Porto do Son afronta o seu último trámite trala remisión do documento á Xunta para a súa aprobación definitiva.
PORTODOSON> O seu custe ascendería a máis dun millón de euros que poderían ir con cargo a fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira.
PORTO DO SON> Porto do Son vén de acadar a práctica totalidade do saneamento da parroquia de Baroña trala posta en marcha da EDAR de Abuín. A Conselleira de Medio Ambiente visitou a nova depuradora na que o departamento autonómico ten investido máis dun millón de euros.
Publicado en portada
PORTO DO SON> O secretario xeral dos socialistas galegos visitou Portosín para escenificar o seu apoio ó sector do cerco. Gómez Besteiro comprometeuse a defender un cambio no modelo de reparto de cotas coa eliminación dos criterios históricos, tal e como demanda o sector.
PORTO DO SON> Portos de Galicia continúa coas obras de acondicionamento e reordenación da dársena portuaria de Porto do Son. Unha das últimas actuacións que se está a realizar é o dragado da entrada ó propio peirao coa finalidade de gañar maior calado para os barcos.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook