• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
PORTO DO SON> O secretario xeral dos socialistas galegos visitou Portosín para escenificar o seu apoio ó sector do cerco. Gómez Besteiro comprometeuse a defender un cambio no modelo de reparto de cotas coa eliminación dos criterios históricos, tal e como demanda o sector.
PORTO DO SON> Portos de Galicia continúa coas obras de acondicionamento e reordenación da dársena portuaria de Porto do Son. Unha das últimas actuacións que se está a realizar é o dragado da entrada ó propio peirao coa finalidade de gañar maior calado para os barcos.
PORTODOSON> O sonense podería converterse no primeiro deportista da comarca en disputar uns Xogos Olímpicos na clase 49er.
Publicado en DEPORTES
PORTO DO SON> Á espera dos resultados das investigacións que arroxen luz sobre a morte da parella de Xuño que apareceu no seu domicilio hai algo máis dunha semana, ninguén reclamou o cadáver do home.
RIBEIRA> Os alumnos do obradoiro de emprego Tahume Dous recolleron o diploma acreditativo da súa formación en carpintería. A intención dos concellos de Ribeira e Porto do Son é continuar con esta iniciativa de colaboración polo que xa solicitaron un novo obradoiro conxunto.
PORTO DO SON> Segundo o alcalde, Luís Oujo, trátase dun documento vital para o desenvolvemento futuro do concello, que agarda poida xa entrar en vigor esta primavera.
PORTO DO SON> O presidente da Federación Galega de Confrarías someterase este sábado a unha cuestión de confianza despois de que os pósitos pontevedreses solicitaran a súa dimisión. Foi o propio Tomás Fajardo quen accedeu voluntariamente a someterse a unha votación para comprobar se conta co respaldo maioritario dos socios. De non ser así, non dubidará en dimitir.
Publicado en portada
PORTO DO SON> O presidente da Federación Galega de Confrarías someterase este sábado a unha cuestión de confianza despois de que os pósitos pontevedreses solicitaran a súa dimisión. Foi o propio Tomás Fajardo quen accedeu voluntariamente a someterse a unha votación para comprobar se conta co respaldo maioritario dos socios. De non ser así, non dubidará en dimitir.
PORTO DO SON> Porto do Son acolleu a entrega das embarcacións de salvamento ás agrupacións de Protección Civil das provincias da Coruña e Lugo. O vicepresidente da Xunta presidiu o acto no que se entregaron doce lanchas que se suman ás outras dez destinadas á provincia de Pontevedra.
PORTO DO SON>A Federación Galega de Confrarías avoga pola retirada do borrador de lei de acuicultura ata chegar a acordo con tódolos sectores do mar. Así o plantexou o seu presidente, Tomás Fajardo, na xuntanza convocada pola Consellería para explicar os obxectivos do anteproxecto ós mariscadores de a pé.
PORTO DO SON> Aqueles veciños que queiran participar nos concursos de disfraces, tanto no infantil como de adultos, xa poden realizar as inscricións na biblioteca municipal. Precisamente o concurso infantil no que se elixirán o rei e a raíña do entroido será o encargado de inaugurar o carnaval sonense.
PORTO DO SON> A intención do equipo de goberno pasa por comprar este inmoble para cederlla posteriormente ó Ministerio do Interior e habilitar alí o novo cuartel da Garda Civil.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook