• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Publicado en portada
BARBANZA> Armadores e mariñeiros de ACERGA permanecen pechados nos concellos de Porto do Son, Bueu e Coruña. como medida de presión para conseguir a revisión do reparto de cotas. Os cerqueiros ocuparon as casas consistoriais ante os escasos resultados da xuntanza celebrada a pasada tarde na Consellería do Mar, na que se propuxo establecer unha cota mínima de dez toneladas para os barcos máis pequeno.
BARBANZA> A comarca do Barbanza rexistrou esta pasada noite dous novos tremores de terra. Foron moi seguidos, e sentíronse pouco antes das catro da madrugada, segundo informou o Instituto Xeográfico Nacional, dependente do Ministerio de Fomento. O primeiro deles tiña lugar na Pobra do Caramiñal, cando as agullas marcaban as tres e corenta e catro minutos. Alcanzou unha intensidade de 2’7 graos na escala Richter, chegando a ser percibido por numerosos veciños non só da localidade senón tamén de concellos veciños. O segundo dos tremores producíase poucos minutos despois deste, ás tres e cincuenta, con epicentro esta vez en Porto do Son, aínda que nesta ocasión cunha magnitude lixeiramente inferior ca o anterior, 2’3.
PORTO DO SON> Fronte á satisfacción moderada da Consellería ante o reparto das cotas pesqueiras entre a flota comunitaria, a Federación Galega de Confrarías fai unha valoración máis ben negativa.
PORTO DO SON> Récord de participación. Finalmente serán uns 2.878 atletas, sumando tódalas categorías, os que tomarán parte este domingo na Sin-Son 10k. A saída está prevista para as dez e media da mañá dende a explanada portuaria de Portosín.
PORTO DO SON> A Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (ACERGA) continuará co seu calendario de mobilizacións tras coñecer o novo plan de xestión do cantábrico noroeste. Os representantes da entidade denuncian o incumprimento dos compromisos adquiridos polas administracións xa que o reparto de cotas mantense para o 2016 como ata o de agora.
Publicado en portada
PORTO DO SON> A Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (ACERGA) continuará co seu calendario de mobilizacións tras coñecer o novo plan de xestión do cantábrico noroeste. Os representantes da entidade denuncian o incumprimento dos compromisos adquiridos polas administracións xa que o reparto de cotas mantense para o 2016 como ata o de agora.
PORTO DO SON> A Deputación da Coruña achega vinte mil euros para dinamizar o centro de interpretación do Castro de Baroña de Porto do Son. O concello, que completa o investimento con outros dez mil euros no marco deste convenio, pretende acometer un proxecto turístico global ofrecendo unha ampla oferta de actividades ós numerosos visitantes que recibe o xacemento castrexo.
PORTO DO SON> Portos de Galicia estudará a limitación dos accesos ó espazo portuario de Porto do Son. Así o acordaron na xuntanza desenvolvida na confraría sonense tras consensualo co propio concello. O presidente de Portos tivo ocasión tamén de comprobar o resultados dos traballos da mellora do abrigo do porto deportivo e supervisar as accións que se están a levar a cabo para a voadura dunha zona rochosa que dificulta a navegación.
PORTO DO SON> Dúas semanas despois do inicio da acampada dos cerqueiros en San Caetano, a maior parte da flota galega permanece amarrada. O conflito semella lonxe de solucionarse ante a diferenza de criterios entre administración e sector. ACERGA esixe un compromiso por escrito sobre a modificación do reparto de cotas. O Ministerio non se opón á revisión sempre que exista un acordo maioritario pero insiste en que o actual acordo estará en vigor ata o fin da campaña.
PORTO DO SON>A flota do cerco permanecerá amarrada a pesar de ter aceptado o intercambio de cota de xarda por xurelo. Os seiscentos quilos que obterán desta especie servirán para pagar a sobrepesca deste ano no caladoiro evitando así o desconto de cota de cara á vindeira campaña. Así as cousas, representantes de ACERGA planean acudir a Bruxelas para esixir un reparto xusto mentres armadores e mariñeiros permanecen acampados en San Caetano.
PORTO DO SON> O deputado do BNG, Daniel Rodas, reclámalle a consellería do Mar que exerza dunha vez por todas como goberno e solicite, tanto a Madrid coma a Bruselas, un novo modelo pesqueiro coa finalidade de manter a actividade e os postos de traballo. O nacionalista fai así alusión directa á situación que viven as diferentes flotas pesqueiras, en especial a do cerco, actualmente en paro polo actual modelo de reparto.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook