• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
PORTO DO SON> O peche da pesquería do xurelo na IX A levou á maior parte dos cerqueiros galegos a parar a actividade ante as escasas posibilidades de pesca. Os afectados entregraron os roles das embarcacións para poder acollerse ó paro ata finais de ano.
PORTO DO SON> Á falla aínda de varios meses para a celebración da Sin Son 10K, será finalmente o domingo trece de decembro, a organización está a ultimar xa os preparativos para o desenvolvemento da proba que chega este ano a súa cuarta edición. Varias serán as novidades deste ano, entre elas a participación de destacados atletas como é o caso de Chema Martínez ou Pedro Nimo, entre outros.
Publicado en DEPORTES
PORTO DO SON> O cerco galego mobilizouse esta fin de semana en Portosín para volver a demandar máis cota de bocarte para a súa flota. Consideran que o actual reparto é inxusto e beneficia a outras comunidades cantábricas, en detrimento de Galicia.
PORTO DO SON> A flota galega do cerco agarda impaciente a decisión de asturianos, cántabros e vascos sobre o intercambio de cota de sardiña con Portugal. De aprobarse esta medida, que precisa do acordo de todo o cantábrico noroeste, reabriríase a zona novena A para a pesca do bocarte.
RIBEIRA> Bota a andar a segunda edición do obradoiro de emprego Tahume no que participan os concellos de Ribeira e Porto do Son. Un total de vinte e un alumnos recibirán formación profesional no eido da carpintería durante seis meses.
Publicado en portada
PORTO DO SON> A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, participou esta pasada fin de semana na Festa Gastronómica do Porco Celta celebrada na parroquia sonense de Nebra. Alí anunciou que a Xunta de Galicia destinará este ano un total de 241 mil euros en axudas para o fomento das razas autóctonas gandeiras galegas, entre as que se atopa a do porco celta. Segundo ela estas achegas teñen como finalidade contribuír ó aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras e á modernización do sector en materia de xenética, sanidade e produción animal. Outro dos obxectivos que se persiguen tamén é mellorar a eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións e favorecer a optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles. Poden acollerse a estas axudas as Organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas pola Comunidade Autónoma que cumpran, entre outros requisitos o de carecer de ánimo de lucro e de estar oficialmente recoñecidas para a xestión do Libro ou Libros Xenealóxicos das razas autóctonas galegas. A titular de Medio Rural aproveitou tamén o acto para destacar precisamente a explotación de porco celta existente no monte comunal de Nebra, xa que aproveita os avances en I+D para poñer en valor este tipo de producións gandeiras. Trátase dunha explotación porcina da que é titular a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel). Ten carácter extensivo e actualmente conta cun censo de 49 porcos de cebo. Empezou a funcionar no ano 2012, no marco dun proxecto de I+D financiado pola consellería do Medio Rural con fondos Feader, e foi posto en marcha por Asoporcel, en colaboración cos comuneiros do monte veciñal de Nebra, que cederon unha parte do terreo para o proxecto.
PORTO DO SON> O Ministerio de Pesca autoriza a pesca de bocarte no Cantábrico Noroeste a partir desta medianoite tralo peche provisional para o reconto da cota. Aínda que esta medida non obrigou a amarrar, causou un gran nerviosismo entre a flota que asegura que quedan máis de dúas mil toneladas por consumir.
PORTO DO SON> O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de informar do remate das obras de construción da nova escola infantil de Porto do Son, situada na Rúa Campo Atalaia, a carón da casa consistorial. Nesta actuación o Goberno Galego, a través da consellería de Traballo e Benestar, investiu uns 450 mil euros, destinados tanto á construción coma a dotación de equipamento á nova escola infantil. A gardería sonense, que contará con 41 prazas para nenos de cero a tres anos, ten previsto iniciar a súa actividade en setembro. Nos primeiros días do mes contactarase coas familias que xa reservaron praza nas instalacións para realizar entrevistas individuais e tamén se celebrará unha xornada de portas abertas antes do comezo da actividade ordinaria.
Publicado en portada
PORTO DO SON> Nova mobilización da flota do cerco; desta volta en Portosín, Esixen a apetura da zona Novena A para poder capturar bocarte nas súas costas. Na actualidade teñen que desprazarse máis ó norte de Fisterra e son moitas as embarcacións que non están equipadas para faenar tan lonxe do seu porto base.
PORTO DO SON> A proba, que terá lugar esta próxima fin de semana, será valedeira para o Campionato de España de Cruceiros ORC na zona norte, da que sairán os tres representantes galegos que pelexarán polo título nacional en Valencia no mes de outubro.
Publicado en DEPORTES
HomeMostrando artigos por etiqueta: Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook