• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
PORTO DO SON> Máis de cen postos conformarán a Feira Celta que se celebrará en Porto do Son entre o 24 e o 26 de xullo. A organización, nesta cuarta edición, corre a cargo da empresa especializada Balconetit, da que destacan os espectáculos de animación.
PORTO DO SON> Outra xornada negra nos areais barbanzáns coa morte dun bañista, este domingo, na praia de Río Sieira en Porto do Son.
BARBANZA> O Conselleiro de Cultura realizou unha visita ó Barbanza, A primeira parada foi nas instalacións da asociación AMICOS onde participou no acto de entrega de certificación de calidade AENOR. Posteriormente desprazouse ata o Castro de Baroña, no que o seu departamento vén de investir setenta e dous mil euros.
PORTO DO SON> Rostro volveu ó mar tras máis dun ano de tratamento. Esta tartaruga varou na costa de Fisterra en marzo de 2014. Dende entón permaneceu no acuario do Grove recuperándose das lesións que presentaba. Esta mañá. técnicos do CEMMA devolvérona ó mar dotada dun sistema de transmisión que lles permitirá realizar un seguimento da súa traxectoria.
PORTO DO SON> Portos de Galicia segue a traspasar fronteiras na promoción da oferta náutico recreativa da comunidade. Desta volta, foi Irlanda o país escollido para dar a coñecer a excelencia das instalacións dos portos deportivos.
PORTO DO SON> O cambadés Pedro Alonso gañou o terceiro certame de carteis da Feira Celta de Porto do Son. O xurado elixiu a súa obra ‘Pedra e Musgo’ entre as seis presentadas a concurso. Ademais de converterse en imaxe da festa, o premio está dotado con trescentos euros.
PORTO DO SON> Porto do Son acolle este sábado a primeira edición do trofeo de Orientación en Bicicleta de Montaña. A proba, puntuable para a liga galega, ten unha importante compoñente lúdica xa que os participantes deben completar o itinerario dotados dun mapa no que figuran os distintos puntos de control.
Publicado en DEPORTES
PORTO DO SON> Así o confirmaba esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, durante unha visita ás obras.
PORTO DO SON>Os pequenos afeccionados ó baloncesto teñen unha cita esta fin de semana en Porto do Son. Alí desenvolverase a terceira edición do Peque Basket que contará coa asistencia de máis de cincocentos deportistas de equipos de toda Galicia. Entre eles, os dous clubs da comarca: Noia e Santa Baia de Boiro.
Publicado en DEPORTES
PORTO DO SON> A voceira do BNG de Porto do Son, Ánxela Franco, tomará posesión finalmente coma concelleira o próximo sábado, no pleno de constitución da nova corporación municipal, dando marcha atrás na súa decisión de renunciar.
PORTO DO SON> A Deputación da Coruña segue a apostar pola posta en valor e promoción do Castro de Baroña. Un ano máis, o ente provincial asinou un convenio de colaboración co concello para o apoio das actividades desenvolvidas dende o centro de interpretación do xacemento.
PORTO DO SON> Rematadas as obras no castro de Baroña que permitiron escavar a muralla primixenia, o concello seguirá a buscar financiamento para avanzar na posta en valor do xacemento. Pretenden converter este ben patrimonial no principal dinamizador turístico da comarca.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook