• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIANXO> Os mariscadores de Rianxo volveron ó traballo nunha xornada na que non foi doado apañar os topes. A especie máis abundante foi a ameixa babosa, mentres que a fina, a xapónica e o berberecho apenas fixeron acto de presenza neste arranque de campaña.
RIANXO> A confraría de Rianxo leva tempo demandando a instalación de puntos de amarre nos pantaláns da terceira lista. A dous días do inicio da campaña, o patrón maior insiste na urxencia de contar con estes elementos para reforzar a seguridade dos traballadores.
RIANXO> O vindeiro luns arranca a campaña marisqueira en Rianxo. Máis dun cento de embarcacións voltarán ó traballo cunha previsión bastante pesimista en vista dos resultados das mostraxes realizadas nas últimas semanas.
RIANXO> A proba arrancará ás catro da tarde na dársena portuaria e reunirá a un total de catorce clubs da zona norte.
Publicado en DEPORTES
RIANXO> O campionato de futbol base está organizado polo Club Deportivo Unión e desenvolverase a fin de semana do 28 e 29 de maio.
Publicado en DEPORTES
Martes, 29 Marzo 2016 18:50

'O Rei da Sabana' chega a Rianxo

RIANXO> O espectáculo musical, a primeira adaptación ó galego de El Rey León, poderá verse no auditorio municipal os días 15, 16 e 17 de abril.
Publicado en CULTURA
Martes, 29 Marzo 2016 18:45

'O Rei da Sabana' chega a Rianxo

RIANXO> O espectáculo musical, a primeira adaptación ó galego de El Rey León, poderá verse no auditorio municipal os días 15, 16 e 17 de abril.
RIANXO> O avance da marea vermella obrigou ó peche de varios polígonos na ría de Arousa. A toxina afecta, polo momento á zona sur, aínda que en Arousa Norte miran con preocupación a evolución deste novo episodio tóxico que podería comprometer a campaña de verán.
Publicado en portada
RIANXO> A Deputación da Coruña subvencionará a rehabilitación interior para a adecuación museística da casa de Rafael Dieste en Rianxo. A achega provincial, xunto con outras actuacións que asumirá ó concello, permitirá abrir ó público a casa museo.
RIANXO> Como cada unha das catro probas do Arousa Revolutrion Trail Series, a de Rianxo presenta características especias que teñen por obxectivo achegar ós corredores os elementos patrimoniais, etnográficos e naturais máis destacados do municipio. Ó longo dos trece quilómetros que dura o itinerario, con inicio na aldea de Chorente, os corredores percorrerán os sendeiros dun bosque de acacias, a contorna do Castro Barbudo ou o miradoiro do Alto da Cruz. Trátase dunha proba bastante esixente tecnicamente cun treitos de ata o trinta por cento de inclinación aínda que de piso cómodo polo que resulta máis atractiva para os corredores. Dado que se trata da última proba do circuíto, ademais da entrega de premios desta carreira, tamén se farán entrega dos galardóns ós gañadores do Arousa Revolutrion Trail Series. OS participantes que completaran as catro probas recibirán un agasallo. As inscricións estarán abertas ata o trinta de marzo e poden realizarse na web arousa.com onde os participantes atoparán tamén información sobre aloxamentos, restaurantes e demais servizos da zona.
RIANXO> Artesanía de Galicia levará a Tokio o traballo dun total de nove obradoiros artesáns da man da compañía téxtil de Rianxo D-DUE e da empresa xaponesa HP France, distribuidora desta firma en Xapón. Así, na primeira tenda en exclusiva da empresa galega no país nipón, poderán adquirirse pezas de cestería, cerámica contemporánea e olería. Estas pezas tradicionais convivirán cos novos produtos deseñados polos creativos desta firma radicada en Rianxo Charo Froján e Alfredo Olmedo. No establecemento venderanse pezas de cestería de Antonio Suárez Dávila de Vigo; de cerámica contemporánea de Victor Artes da Coruña, Fernando Porto da Estrada, Manuel Figueiras de Muros e Marta Armada de Vigo, ou tamén olería tradicional de Gundivós de Elías González e de Buño de O Rulo, entre outros.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Rianxo Top of Page

Síguenos en facebook