• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIANXO> A Consellería do Mar decretou o peche dos Lombos do Ulla trala petición de diversas confrarías ante os malos resultados das últimas semanas.
RIANXO> O alcalde e o tenente de alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños e Carlos Gey, respectivamente, mantiveron esta mañá unha reunión coa secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, coa finalidade de avanzar na elaboración do seu PXOM. Trátase da primeira xuntanza que mantén o goberno rianxeiro coa Xunta, que serviu ademais de presentación do proxecto do novo planeamento que será sometido a Informe Previo a Aprobación Inicial. Un trámite, que suporá unha análise completa do PXOM por parte dos técnicos da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, que deberán emitir un informe ó respecto nun prazo de dous meses, aproximadamente. Na xuntanza a propia Encarnación Rivas confirmoulle tanto o rexedor coma o tenente de alcalde que, durante este tempo, e de xeito paralelo, a Secretaría Xeral tamén emitirá outros dous informes máis como son o de adecuación ó Plan de Ordenación do Litoral e o de Costas. As previsións do concello rianxeiro pasan fundamentalmente por, unha vez emitido o informe previo por parte da Xunta, proceder a súa aprobación inicial en pleno, con fin de sometelo posteriormente a exposición pública durante este verán. A aprobación do PXOM de Rianxo suporía poñer fin a unhas normas subsidiarias que levan vixentes dende o ano 1985.
RIANXO> o executivo rianxeiro informou de que a empresa Aquafit Gestión, S.L. xestionará a piscina municipal a partires do 1 de marzo, en substitución da actual Serviocio que cumpría esta función dende hai cinco anos. A duración do novo contrato da instalación será de sete anos, con opción de prorrogalo a tres mais de haber acordo expreso entre as partes. Esta empresa, que xa xestiona piscinas coma a de Brión ou a de Teo, foi a única que se presentou ó concurso. Rematadas as distintas fases de revisión e valoración da oferta, determinouse que cumpre os requisitos esixidos na licitación. Ao longo do que queda de mes de febreiro completarase o procedemento para proceder á sinatura do contrato. Para garantir o equilibrio económico-financeiro da explotación o Concello abonará un canon anual de 85mil euros á empresa. Entre as melloras que recollían os pregos, Aquafit comprometeuse a facer diversas reformas na instalación. O cambio de adxudicataria no provocará o peche da instalación, co obxecto de non provocar ningún perxuízo aos usuarios. Ademais, a intención é que a transición sexa gradual, establecéndose un calendario para a execución das melloras e a introdución das novidades nos programas deportivos e na oferta. Hai que destacar que Aquafit ten obrigas de subrogación dos traballadores da empresa saínte, derivadas da ampliación do Convenio Colectivo de Instalacións Deportivas e Ximnasios.
Publicado en DEPORTES
RIANXO> Un dos usos futuros que se lle dará ó inmoble será destinalo a local social e sede do club de xubilados.
RIANXO> Será os días 18 e 25 de xaneiro no Centro Sociocultural de Santa Marta coa posta en escea da súa última función: 'O cabaré dos 80'. O Cadro Artístico Airiños cumpre 80 anos e quere celebralo ao grande cun proxecto ben especial, levando ao teatro a súa propia historia: momentos históricos mesturados coas anécdotas máis divertidas, rememorarndo escenas clásicas e tamén con moitas sorpresas. Cantares de cego, xogos, música, bailes, cancións, paiasos, maxia… son algúns dos contidos desta especial función. Na obra, diorixida por Esther F. Carrodeguas, toman parte máis de 20 actores e actrices, que porán en escea os 80 anos de vida da compañía, a máis antiga aínda en activo de Galicia. As funcións serán os días 18 e 25 de xaneiro no Centro Sociocultural de Santa Marta, ás sete da tarde. O custo da entrada é de 5€ que irán en beneficio da AGADEA, podéndose reservar anticipadamente na súa sede.
Publicado en CULTURA
Martes, 10 Decembro 2013 18:57

Atropelo mortal en Rianxo

RIANXO> Un atropelo acontecido a pasada tarde en Rianxo saldouse cunha vítima mortal. Un coche sen condutor arrollou a un matrimonio de octoxenarios.
Publicado en SUCESOS
RIANXO> A confraría de Rianxo vén de remitir un escrito á Consellería do Mar, a petición dos socios, solicitando que se prohiba extraer berberecho nos Lombos do Ulla.
RIANXO> O temporal que acompañou o inicio da campaña do bou de vara na ría de Arousa provocou que os resultados da primeira xornada de traballo non foran moi optimistas.
RIANXO> Avanzan a bo ritmo as obras de construción da gasolineira do porto de Rianxo que dará servizo a embarcacións e vehículos terrestres. Unha vez entre en servizo, será a única da comarca onde os profesionais do mar poidan obter combustible subvencionado.
Mércores, 09 Outubro 2013 18:14

Novo paso contra o feísmo urbanístico

O concello de Rianxo iniciou as conversas cos propietarios do inmoble parcialmente derrubado na entrada do casco urbano para a súa demolición total. Actualmente quedan aínda restos da estrutura e elementos accesorios que afean considerablemente o centro da vila.
Venres, 04 Outubro 2013 02:00

Ecomar: modelo de colaboración en Europa

RIANXO> O proxecto Ecomar de Rianxo representará ó Grupo de Acción Costeira ría de Arousa nun seminario internacional. Bruxelas decidiu premiar o esforzo realizado polos numerosos colaboradores do proxecto Ecomar que se desenvolveu ó longo do último ano a iniciativa da confraría de Rianxo no marco do Grupo de acción costeira ría de Arousa.
Páxina 26 de 26
HomeMostrando artigos por etiqueta: Rianxo Top of Page

Síguenos en facebook