• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIANXO> A exposición, froito dun convenio a tres entre ABANCA, Afundación e o propio concello rianxeiro, poderá visitarse no auditorio municipal a partir do próximo día 20 de xuño. Despois de percorrer anteriormente outros concellos de Galicia, como é o caso de Vilagarcía, a exposición ‘Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia’ chegará a Rianxo. Farao o próximo día 20 deste mes. Data na que está prevista a súa inauguración. Esta mañá procedíase á sinatura do convenio de colaboración entre Abanca, Afundación e o propio Concello. Segundo explicou a coordinadora da área de Cultura de Afundación, Marité Cores, a mostra recolle unhas 70 instantáneas que a fotógrafa norteamericana realizou durante a súa viaxe de investigación a Galicia entre os anos 1924 e 1926. O alcalde, Adolfo Muíños, agradeceu tanto a Abanca como Afundación, o ter pensado en Rianxo para poder acoller esta exposición, animando, de paso a visitala, dado a súa importancia ó constituir un completo relato documental da nosa historia. A exposición permanecerá aberta ó publico no auditorio municipal durante un período dun mes.
RIANXO> A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartin, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, asinaban esta mañá o convenio de colaboración que dará inicio á reforma interior da casa do escritor Rafael Dieste. No propio interior da vivenda, a vicepresidenta e responsable de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartin, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, procedían á sinatura do acordo que permitirá poder iniciar as obras. O proxecto de mellora interior da casa de Rafel Dieste ascende a máis de 236 mil euros, dos cales o 80% serán aportados pola Deputación e a cantidade restante asumida polo Concello. A actuación será unha continuidade ás obras xa realizadas no ano 2012, que consistiron basicamente na substitución da cuberta e na mellora e limpeza da fachada. Dende o organismo provincial destacaron que con este proxecto, o que se pretende é impulsar a condición de Rianxo como vila literaria, onde a cultura é tamén motor de dinamización turística e económica, como acontece tamén con outras casas de referencia no país como é o caso da de Rosalía de Castro en Padrón. Pola súa banda o rexedor rianxeiro agradeceu o apoio da Deputación da Coruña que permitirá poder desenvolver agora a actuación. A intención do Concello pasa por iniciar canto antes as xestións para a contratación da obra coa idea de en menos dun ano a casa poida xa abrise ó público. Muíños adiantou tamén que algúns dos materiais que formarán parte do futuro museo de Rafael Dieste como é o caso de mobiliario orixinal que xa foi restaurado, o piano, coleccións de partituras ou primeiras edicións das súas principais obras.
RIANXO> O sinistro producíase pouco antes das dúas da tarde. Por causas polo de agora descoñecidas, un vehículo, un BMW Serie 3, invadiu o carril contrario e colidiu frontalmente contra un camión. A consecuencia do golpe, o turismo quedou envolto en chamas, e os dous ocupantes que viaxaban no seu interior, unha parella de ó redor duns 40 anos, quedaron atrapadas no seu interior sen que ninguén puidera facer nada por socorrelos. A identificación dos corpos foi complexa, debido a que tanto o vehículo coma as dúas vítimas quedaron calcinadas. Ata o lugar do suceso achegáronse numerosos equipos de emerxencia, Policía Local e Protección Civil de Rianxo, bombeiros do parque comarcal de Boiro e tamén varias patrullas da Garda Civil de Tráfico. Tamén se achegaron diversas autoridades locais, entre elas o alcalde, Adolfo Muíños, quen lamentou o suceso. A consecuencia do choque, e debido ós traballos de excarceración e ó levantamento dos corpos, e posteriormente á retirada dos vehículos implicados e a limpeza da calzada, a estrada permaneceu cortada ó tráfico durante máis de catro horas, desviado a circulación a través da propia autovía do Barbanza. O accidente desta tarde é uns dos máis graves dos rexistrados na comarca nos últimos anos, ó saldarse con dúas vítimas mortais. A parella falecida deixa un fillo de tres anos.
RIANXO> O boleto premiado con cinco acertos máis o complementario foi selado na administración ‘O Mexillón de Ouro’. Durante toda a mañá, nada máis ter coñecemento da nova, foron moitos os clientes desta administración de lotarías ‘O Mexillón de Ouro’, situada na rúa de Arriba, os que se achegaron a comprobar se o seu boleto era o que resultara agraciado no sorteo de onte da Primitiva. En total 82 mil euros. Cinco números máis o complementario. Polo de agora descoñecese a identidade do afortunado ou afortunados, aínda que todo apunta a que se trate de alguén da vila.
RIANXO> Dende a formación acusan ó executivo de estar a incumprir a legalidade que obriga a telos presentados antes do 31 de decembro do ano anterior.
RIANXO> A actuación, incluída no Plan de Obras da Deputación da Coruña, conta cun investimento próximo ós 90 mil euros.
RIANXO> Rianxo acollerá este verán a terceira edición do Deporcampus. Nenos de entre cinco e catorce anos poderán participar neste proxecto formativo da man de adestradores do Deportivo da Coruña. A iniciativa está promovida polo Club local Unión.
RIANXO> Na localidade existe un acordo plenario para declarar ó municipio libre de espectáculos e circos que inclúen animais nas súas funcións. Estas imaxes poderían volver a producirse…o circo Vienna Roller ten programadas varias actuacións dende mañá ata o domingo en Rianxo. A pesar dos esforzos realizados dende o Concello, onde hai uns anos se aprobou por unanimidade de tódolos grupos unha moción na que se declara ó municipio libre de espectáculos e circos que inclúen animais nas súas funcións, pouco se poderá facer para impedir que poida desenvolver a súa actividade, ó instalarse nun espazo privado no polígono de Té. O rexedor rianxeiro vai máis alá ó sinalar que debera existir unha normativa xeral de carácter autonómico que regule este tipo de espectáculos ou que os propios donos dos circos reformulen as actividades con animais.
RIANXO> Trátase dun ciclo para novos intérpretes e outro para músicos máis consagrados.
RIANXO> Dende a formación denuncian o retraso do equipo de goberno na posta en marcha da comisión que ía estudar este proceso, a escasos meses xa do vencemento da prórroga do contrato dada hai un ano á actual empresa concesionaria do servizo.
RIANXO> Rianxo acollerá entre o cinco e o sete de maio a cuarta edición do Foro de Rehabilitación. Arquitectos da talla de David Chipperfield. Luis Gil Pita ou Cristina Nieto abordarán aspectos tan diversos como a restauración nas vilas mariñeiras ou a aplicación das tecnoloxías 3D ás reformas inmobiliarias.
LOUSAME>A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, fíxolle entrega os alcaldes destes concellos de tres pértegas que permitirán a eliminación dos niños a gran altura.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Rianxo Top of Page

Síguenos en facebook