• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIANXO> O prendido foi localizado a pasada madrugada nun vehículo no polígono industrial de Té. No interior do coche atopouse unha pistola corta de imitación, varias doses de cocaína e uns 70 gramos de marihuana distribuídos en bolsas herméticas. Tamén se lle interviñeron outros obxectos coma tres teléfonos móbiles, unha navalla e diverso diñeiro en efectivo. O detido xa pasou a disposición xudicial ante o Xulgado de Instrución de Garda de Padrón que é quen instrúe o caso.
RIANXO> A campaña resultou mellor do agardado, pero aínda así, obsérvase unha sobreexplotación dalgunhas zonas, como é o caso do Bohído ou os Lombos.
RIANXO> concello e Fundación Castelao celebraron esta pasada fin de semana diversos actos de homenaxe a un dos seus fillos ilustres, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
RIANXO> O galeguismo será o protagonista esta fin de semana en Rianxo. O Partido Galeguista reunirá o sábado e o domingo na vila a representantes de todas as forzas políticas de tendencia nacionalista. Ademais dun encontro de irmandade, o programa de actos será unha homenaxe a Castelao. Tamén asistirán representantes do Partido Nacionalista Vasco.
Xoves, 26 Xaneiro 2017 21:47

A confraría rianxeira supera o ERE

RIANXO> A melloría nas contas da entidade foi posible grazas ó aumento da facturación en lonxa.
RIANXO> Dende hai preto de dez anos está o coidado de seu pai, que padece unha enfermidade crónica. A pesar das reiteradas solicitudes, non recibe ningún tipo de axuda por parte da Administración.
Xoves, 29 Decembro 2016 18:10

Rianxo baixo os ollos dos nenos

RIANXO> “A vila do mañá” é o gráfico nome dos obradoiros de urbanismo e patrimonio que se están a realizar en Rianxo dirixidos a nenos e nenas da vila. O obxectivo é que este Nadal estes pequenos arquitectos tomen conciencia do seu municipio e achegalos ó urbanismo dun xeito lúdico.
Martes, 13 Decembro 2016 15:53

O executivo rianxeiro aposta polo rural

RIANXO> O concello solicitará un creto por valor duns 500 mil euros para acometer nun proxecto conxunto a mellora das escolas unitarias do municipio.
RIANXO> O acordo permitirá á Escola poder facer uso das instalacións municipais. Trátase da formalización dun feito que xa se viña producindo dende a súa constitución, hai uns quince anos.
Xoves, 01 Decembro 2016 19:38

As redeiras da moda

RIANXO> As Directoras Xerais de Comercio e de Desenvolvemento Pesqueiro, visitaron esta mañá o Curso de deseño e aplicación das técnicas das redeiras ó sector da moda. Un proxecto enmarcado no Programa Enredadas da Xunta, que se está levando a cabo na sede da Empresa textil D-Due, en Rianxo.  
Unha trintena de locais hostaleiros do Barbanza comezaron a ofrecer esta fin de semana a súa proposta dentro da Ruta Máis que Tapas. Venres, sábados e domingos deste mes de decembro, Arousa Norte convértese no epicentro da gastronomía en pequeno formato.
POBRA> o executivo rianxeiro xa aprobou o documento guía que permitirá a realización dun inventariado de vivendas con renda taxada e a incorporación de solicitantes ó programa.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Rianxo Top of Page

Síguenos en facebook