• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIANXO> A formación nacionalista vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas e levará ó Parlamento a súa reclamación a través do grupo En Marea, para que sexa incluída nos orzamentos da Xunta do ano que vén.
RIANXO> A actuación, que se levará a cabo a primeiros de ano, será posible grazas a una subvención da Deputación da Coruña que está a xestinar o Concello.
RIANXO> Os veciños da parroquia rianxeira de Isorna, afectados polas obras do Tren de Alta Velocidade, continúan denunciando o mal estado no que quedaron as súas parcelas trala execución do Viaduto do Ulla. Onde antes había viñas e hortas, agora hai pedras, xestas e unha terra imposible de cultivar.
RIANXO> O alcalde de Rianxo apela ó diálogo entre as partes no conflito existente sobre o uso da casa  natal de Castelao na localidade. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de darlle a razón ós herdeiros do escritor ó impedir que a casa pase a ter un uso dotacional. Adolfo Muíños considera que agora a pelota está no tellado da Xunta. 
RIANXO> Os investigadores terían identificado ó condutor do vehículo no que Diana Quer se subiu, presuntamente, a noite da súa desaparición.
Xoves, 10 Novembro 2016 16:56

Unha solución a tres bandas

RIANXO> Portos de Galicia, Confraría de Pescadores e Concello traballan na busca dunha solución para a permanencia do local dos xubilados nos baixos do pósito.
RIANXO> O presidente en funcións do ente autononómico, José Juan Durán, comprobou o resultado das obras levadas a cabo nas últimas semanas que supuxeron un investimento superior ós 45 mil euros.
Xoves, 03 Novembro 2016 19:31

Arousa Norte estrea logotipo

RIANXO> A mancomunidade de Municipios Arousa Norte xa conta con nova imaxe corporativa. O novo logo, realizado pola deseñadora,María Gómez Grandal, xurdiu dun concurso de ideas no que tomaron parte máis dunha ducia de profesionais do mundo do deseño.
RIANXO> Rianxo e Cambados concentran a maior parte desta flota dedicada maioritariamente á volandeira, aínda que tamén se capturan outras especies como a nécora, o linguado ou o chopo.
RIANXO> Sumerxido no medio do lodo, coa pantalla rota e aberto pola parte superior, así atopou o teléfono móbil de Diana Quer, un rapaz de Boiro mentres mariscaba baixo a ponte da Autovía do Barbanza, na enseada de Ponte Beluso. Os investigadores traballan xa para recuperar a maior cantidade de datos que poida aportar o dispositivo sobre o paradoiro da moza.
RIANXO> O teléfono móbil de Diana Quer aparece nunha zona próxima ó peirao de Taragoña. Un mariscador de Rianxo atopou esta tarde un móbil do mesmo modelo que Diana Quer, un iPhone 6 de cor branca, no espazo que hai entre este porto e a ponte da autovía do Barbanza. O mariscador entregou o cecular á Garda Civil para que os investigadores puideran analizar o dispositivo. A última hora da tarde chegaba a confirmación oficial da garda Civil: o teléfono era o de Diana. Ademais, segundo fontes da investigación, o pai da moza, Juan Carlos Quer, tamén confirmou que se trata do móbil da súa filla, que está corroído pola auga e a salitre.  Lembramos que a parroquia rianxeira de Taragoña foi o último lugar onde deu sinal o teléfono da moza ás catro da madrugada do día  da súa desaparición. E que unhas testemuñas declararon ver unha rapaza similar a Diana saír dun vehículo no peirao da vila, acompañada de varios homes. Agora os investigadores deben analizar o teléfono, e comprobar se a pesar do seu estado, pode despexar moitas das incógnitas que rodean este misterioso caso.     
RIANXO> Serán oito sesións nas que o actor Pepe Sendón, e a música local, Sabela Galbán, farán a súa particular visión de varios contos Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Rianxo Top of Page

Síguenos en facebook